Triunfo local no derbi, nun partido aburrido, marcado polo fútbol directo e o respeto que se mostraron ambos equipos. Gran asistencia de público no Carral, uns 250 espectadores, a pesar do frío e da auga. Alinearon ambos equipos a:
S.D. SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Oscar 85´), Gustavo (Gende 71´) , Juanjo, Pizo, Mario, Eloy, Abel (Berti 75´), Bertin e Suso Docampo (Santi 67´).
SAN LORENZO: Poli, Fabian, Sergio Fariña, Puñal, Dubra (Coqui 70´), Victor Dominguez, Manin, Fran Fariña, Fran Borrazas (Gueli 45´), Cancela (Angel 65´) e Chucho (Gonzalo 45´).
ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Victor Docampo, Juanjo e Pizo por parte local, e a Cancela e Fran Fariña por parte visitante.
GOLES:
1-0 m.20 Espléndida contra da SD iniciada por un saque de J.R. a Eloy, que mete un gran pase en profundidade a Bertín, e este marca a porta valeira tras regatear a Poli.
2-0 m.41 Xogada por banda que inicia Victor Docampo, Bertin e Eloy fan unha parede e o centro do rubio extremo transformao con facilidade o propio Bertín.
O San Lorenzo plantexou o partido baseandose no seu poderío físico e levou o mando nos primeiros intres. As xogadas a balón parado foron o principal argumento dos de Antonio Fernandez, que aproveitaban calquera falta ou saque de banda para tentar crear perigo na area local. Pero en contra do que pasou en outras ocasións o Sofán mostrouse moi seguro neste tipo de xogadas. Mario realizoulle un bo marcaxe a Manin co cal parte do poderío dos visitantes quedou anulado. A primeira ocasión tivoa Abel, tras recortar dentro da area e disparar raso, ainda que Poli detivo sin dificultades. Pouco despois foi Pizo o que lanzou unha falta que se marchou por pouco á dereita do gardameta verdillés. Respostou Fran Fariña cun lanzamento lonxano que se marchou alto e acto seguido Bertín anotou o primeiro tanto.
A SD non enlazaba fútbol de calidade, e dedicouse a manter a ventaxa ben replegadiño e xogando cos tempos do partido. O San Lorenzo mostrouse incapaz de crear perigo, excepto nun saque de banda que Cancela non rematou por pouco. O segundo gol de Bertin foi un duro golpe moral para os visitantes.
Realizou o entrenador do Verdillo dous cambios no descanso dando entrada a Gueli e Gonzalo. O interior esquerdo foi dos poucos que tentou algo distinto no San Lorenzo, e o dianteiro pelexou como nel é habitual pero no tivo ningún balón de gol nos 45 minutos finais. Bertín, que tiña unha tarde inspirada, estivo a punto de marcar á saida dun corner pero o balón rebotou nun defensa. O San Lorenzo apenas inquietou a J.R. neste tramo ainda que seguiu co seu fútbol de acoso e derribo.
Unha boa internada de Diego por banda con parede con Suso acabou nun bo disparo do lateral que detivo Poli, e o mesmo xogador probou sorte nunha falta que saiu fora por pouco. O partido foi morrendo pouco a pouco e os equipos perdéronse nun mar de imprecisións. So Mario a piques de rematar o partido puido marcar nunha clarísima ocasión ó plantarse solo diante de Poli, pero non foi capaz de batir ó meta visitante.
Puntos vitais para a SD, que contenta á sua parroquia ó gañar ó eterno rival, e afronta unha decisiva semana para as suas aspiracións clasificatorias, na que xogará tres partidos fora da casa, o 15 de marzo contra o SAnta Comba B, o 19 contra o Fisterra e o 22 contra o Xallas.