miércoles, marzo 04, 2009

PREVIA DO DERBI, Tempada 86/87

Plato forte este domingo no Carral, co derbi local entre o San Lorenzo e a SD Sofán. Rivalidade esta que xa ven de moitos anos atras, pois as duas parroquias levan cerca de 30 anos competindo pola supremacía no fútbol modesto da zona. Xa nos extenderemos en próximas entregas nos pormenores do partido que se vai a disputar o domingo, pero hoxe detémonos nun partido histórico: ano 1986, campionato de juveniles, aquel que acabou ganando a SD dirixida por Pichel, e nas primeiras xornadas toca o derbi no Carral. Alí viñan os de Verdillo tan ilusionados e marcharon coa cabeza baixa tras perder por ¡¡¡7-4¡¡¡ . Toda unha oda ó futbol de ataque. Acompañamos a acta do partido.


Por parte da SD xogaron Camilo, Benedicto, Juan Vazquez, Nacho, Gerpe, Roger, Manolito Canedo, Liso Docampo, Suso Serrano, Manuel Muiño e Cancela. Destaca a presencia do actual presidente, Liso Docampo, que ademais meteu un dos goles ó transformar un penalti. As curiosidades non se acaban aqui, pois no equipo rival formaban entre outros o gardameta Juan, Carro ou Pombo (todavía en idade infantil), todos eles futuros xogadores da SD, os dous últimos retirados ainda fai pouco. A SD arrasou os de Verdillo no primeiro tempo, ó que se chegou co resultado de 6-0. Curiosamente o San Lorenzo gañaria o único partido da tempada no encontro de volta e case lle fastidia o título os sofanistas.


Cantas curiosidades gardan estes partidos, que enfrontan a veciños en sana lid, e nos que o vencedor "vacila" ó derrotado ata que se produza o seguinte derbi coa conseguinte oportunidade de revancha.