lunes, febrero 16, 2009

CARNOTA C.D. 1 - S.D. SOFAN 1



Igualada no sintético de Lombans, en tarde calurosa na que se fixo notar un animoso grupo de afeccionados visitantes. Tras un primeiro tempo igualado, a SD foi moi superior no segundo e mereceu levar os tres puntos. O heroe local foi o meta Jose Angel "perro viejo", que detivo un penalti e realizou un par de prodixiosas intervencións. A SD reclamou tres penaltis en area carnotana, dous deles moi claros. Alinearon ambos equipos a:

CARNOTA CD: J.Angel, Nico, Tono Leston, Bruno, Jorgito, Fernando, Miki Beiro, Manuel Luis (Cacho 54´), David Castreje (Manolo Chouza 65´), Casti (Deme 67´) e David Caamaño.

SD SOFAN: Carlos Tojeiro, Christian (Victor Docampo 69´), Diego, Juanjo, Gende, Pizo, Santi, Alex (Abel 55´), Bertin, Suso Docampo e Berti (Eloy 60´).

ARBITRO:Brea Sanchez, que amonestou a J.Angel, Nico, Tono Leston, Castreje, Casti e Cacho por parte local, e a Suso e Victor Docampo por parte visitante.

GOLES: 1-0 m. 44 Falta botada dende a dereita do ataque local que David Caamaño remata libre de marca no segundo pao, rexeitando en primeira instancia Carlos pero o propio dianteiro remata de segundas ó fondo das mallas.
1-1 m. 62 Internada de Eloy pola banda dereita que acaba nun bo centro e Suso Docampo remata de cabeza en boca de gol ó fondo das mallas.

Foi moi disputado o primeiro acto, no que as ocasións surxiron únicamente en xogadas a balon parado. Os dous equipos respetábanse mutuamente e defenderon ambas porterías con constancia. Foi a SD a que levou o peso do xogo na maior parte das accions, creando perigo nas primeiras xogadas nun par de corners botados por Santi. No 28´anúlase un gol a Alex por fora de xogo. A continuación é Diego quen lanza unha falta que sae alto por pouco, e respondeu a esta acción David Caamaño cun remate de cabeza que detivo Carlos moi seguro. J.Angel tivo que rexeitar con dificultades un lanzamento lonxano de falta de Pizo, e cando estaba a rematar o primeiro tempo chegou o gol do Carnota nun erro de marca garrafal dos sofanistas.

Non merecía ir derrotada a SD tal e como estaba a transcurrir o encontro e saiuse no segundo tempo con decisión para remontar o resultado. A pouco do inicio tivo Bertin unha clarísima ocasión nun remate de cabeza a boca de xerro que saiu alto por pouco. Os cambios de David Baña deron resultado e Abel, nunha gran xogada individual foi derrubado polo meta local. Diego lanzou o penalti e J.Angel detivo o balon e o posterior rexeite rematado por Santi en duas grandes paradas. Acto seguido chegou o empate, que facia xustiza ó visto no terreo de xogo. No 76´chegou a mellor ocasión dos visitantes, tras unha galopada de Abel que se plantou solo diante do meta pero o veterano porteiro respondeu con outra gran acción salvando ó seu equipo. Producíronse nestes intres de acoso visitante tres xogadas conflictivas na area carnotana, duas por manos (unha delas moi clara) e outra por un derribo a Victor Docampo que viu todo o mundo menos o colexiado. Ainda así puido levar o Carnota o partido nunha contra ben hilvanada que rematou cunha tremenda volea de Miki Beiro que rexeitou Diego cando se colaba o balon.