viernes, febrero 20, 2009

PREVIA S.D. SOFAN - CORME C.F.

Dispútase este domingo a partir das 16:15 o interesante SD Sofán - Corme, partido que asegura o espectáculo pois ambos equipos son dos que mellor fútbol practican na Costa, e o Corme ten rapaces que verdadeiramente da gusto ver xogar. As predicións do tempo auguran unha tarde soleada perfecta para acercarse ó campo do Carral, que se recuperou perfectamente das choivas pasadas e presenta un magnífico aspecto.

Recuperan os cormeláns a Rafa Valiña, sancionado a semana anterior, e veñen con toda a súa batería de figuras: os Alex, Lentejo, Lelo, Brais e o pichichi da categoría Iago.

Os locais solo contan coas baixas de larga duración de Adrián Abelenda e Adrián Garcia. O mister Baña xa empeza a ter problemas para formar a convocatoria pois conta con 19 homes a pleno ritmo. A competencia nos entrenos é alta e solo hai que ver o banquiño que presentou o equipo en Carnota, con homes como J.Ramón, Abel, Eloy, Victor Docampo e Oscar. Calquera equipo da costa pelexaría por ter estos xogadores no seu once titular.

Os precedentes deste enfrontamento non son moi favorables ó cadro local. Na tempada 2006/2007 os cormeláns deran unha exibicion de futbol no Carral e venceran 1-3 con tantos de Martin, Alex e Josiño. Cristian anotara para o Sofán. Na tempada 2007/2008 o Corme visitounos na derradeira xornada do campionato. Á SD facialle falla un empate para amarrar a categoria e abofé que se sufriu para conseguilo, pois os visitantes puxéronse 0-2 con goles de Martin e Iago, pero a casta dos sofanistas fixolles levantar o partido e primeiro Cristian e despois Adrian igualaron a contenda e levaron a tranquilidade á parroquia local.