lunes, febrero 09, 2009

S.D. SOFAN 1 - CAMARIÑAS C.F. 2

Partido disputado no campo das Eiroas de común acordo entre os dous equipos e o colexiado do encontro ó entender que o estado do campo do Carral, moi brando tras as fortes choivas caidas toda a semana, supoñía un grave risco de lesión para os xogadores.

Caeu derrotada a SD nun partido igualado, xogado de poder a poder e que decidiu o acerto goleador de Brais Triñanes. Pirucho marrou un penalti co 1-2 no marcador. Partido xogado con luz artificial nun anegado campo de sintético das Eiroas, ante uns 150 espectadores.

S.D. SOFAN - J.Ramón, Victor Docampo, Diego (Oscar 80´), Juanjo, Gende, Manolo Varela (Alex 88´), Bertin (Christian 80´), Santi (Suso Docampo 50´), Berti, Eloy e Abel.

CAMARIÑAS C.F. - Marcos, Pesqui (Javi 62´), Gerardo, Breo, Maikel, Alex, David (Tedín 71´), Moriño, Pirucho (Riveiro 81´), Isma e Brais Triñanes (Nico 90´).

ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Diego, Gende, Abel e Oscar por parte local, e a Pesqui, Breo e Pirucho por parte visitante.

GOLES:
0-1 m. 39 Brais remata solo de maneira impecable á saida dun corner.
1-1 m. 62 Gran xogada de Abel pola banda e o seu pase da morte rematao Bertin co tacon de maneira maxistral
1-2 m. 81 lio da defensa local dentro da sua propia area, Brais rouba o balon e bate a J.R. polo pao corto de disparo raso.

Comenzou a SD mandando no xogo, dominando o centro do campo e tocando ben a pelota, con Santi e Bertin levando o peso das accions ofensivas. Bertin e Eloy combinaron moi ben na zona dereita do campo e entraron tres ou catro veces con bastante perigo, ainda que as ocasións non eran demasiado claras. Na zona esquerda Abel tentou un par de disparos pero Marcos estivo moi seguro toda a tarde, sobre todo saindo ós pes de Eloy nunha xogada na que o rubio dianteiro non marcou de milagro. O Camariñas buscou a contra, principalmente cargando o xogo hacia Brais, escorado á banda dereita. Un par de internadas do veloz xogador estiveron a piques de acabar en gol. A partir do minuto 20 o 11 camariñan situouse en punta e converteuse no xogador decisivo do partido. O gol á saida dun corner foi un mazazo para os locais, que a piques estiveron de empatar nun remate de Varela de cabeza que se foi ó longueiro.

O inicio do segundo tempo foi de cor local, cun Abel moi incisivo, un Berti que se fajou coa defensa e sobre todo con Bertin en estado de gracia, e foi este o que anotou o gol do empate. A partir de ahi, parecía que a SD se podia levar o partido, pero sorpresivamente o Camariñas adueñouse do medio do campo, estivo seguro en defensa, en especial o seu central Breo, que completou un bo partido. Moriño xogou moi comodo e lanzou balons continuos a Brais e Isma. Nun erro defensivo Brais anotou o segundo e definitivo tanto, e ainda puido ampliar a conta Pirucho nun penalti dudosísimo que J.R. detivo. Non foi quen a SD de inquietar a Marcos no tramo final e os puntos viaxan a Camariñas.