viernes, febrero 13, 2009

PREVIA S.D. SOFAN - CARNOTA C.F.

Desplázase a SD este domingo a terras carnotáns para tentar de romper a xeira negativa de resultados na que está atrapado o equipo. É a primeira vez que o Sofán xoga no novo sintético de Lombáns, e resulta un alivio non ter que tragar terra como en anteriores visitas a ese recinto.


Parte a expedición sofanista coas baixas xa coñecidas de Adrian Garcia e Adrian Abelenda, lesionados de gravidade. A novidade mais importante é a presencia de Pizo, que tras dous meses lesionado xa se encontra en condicións de competir. Cáense da lista de 16 Mario, M.Varela e Gustavo con diversas molestias.


O equipo e Alfredo Cambeiro ten sancionados ó central Santi e o medio Pablo Beiro, polo que o mister terá que variar o último once que se enfrontou ó San Lorenzo nas Eiroas o pasado domingo.


O ano pasado, en partido disputado en Mazaricos, a SD vencera con rotundidade por 0-3, goles de Eloy, Suso e Pizo, nun partido que significou a recuperación dos homes de Chema Eiris tras unha serie de malos resultados. Fai dúas tempadas, 2 goles de Pablo Beiro na penultima xornada significaran a salvación dos carnotans, que estaban loitando por non descender.