domingo, octubre 26, 2008

S.D. SOFAN 5 - CARNOTA U.D. 2

Chegoulle a victoria como local no Carral á SD. Sufriuse nun primeiro tempo para olvidar, pero no segundo acto o equipo pareceu outro e arrollou ó Carnota. Dia caluroso, moito publico no campo e o terreo de xogo en perfecto estado.

S.D. SOFAN - Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo, Mario, Pizo (Gende m.79), Eloy, Abel (Berti m.52), Adrian (Suso m.65) e Varela (Alex m.70).
CARNOTA U.D. - Jose Angel, Toño, Jorgito, Santi (Dario m.81), Bruno, David Castreje, David Caamaño (Deme n.78), Pablo Beiro (Manuel m.75), Ancho (Oliver m.65), Cacho e Santi F.

ARBITRO: Lopez Dominguez, que amonestou a Diego, Pizo, Abel e Varela por parte local e a Oliver por parte visitante.

GOLES: 1-0 m.9 Tiro de Pizo que rechaza un defensa, quedalle no pe a Abel e este marca con facilidade. 1-1 m. 22 David Caamaño revolvese na area e marca de tiro cruzado 1-2 m. 35 Santi á saida dun corner. 2-2 m.44 Diego de impecable falta directa 3-2 m. 49 Eloy saca unha falta, rechaza a barrera e o propio Eloy engancha un trallazo inapelable 4-2 m.51 saque de banda que peina Mario e Eloy engancha unha volea axustada, gol dedicado a Maria 5-2 m. 55 Pizo de tremento disparo dende o borde da area

Comenzou a Sd levando o dominio do xogo, entrando ben por bandas, con Abel moi activo. O noso 9 chegou á linea de fondo pero o seu pase atras non foi rematado por nadie. Pouco despois o de Pastoriza anotou o primeiro gol. A partir de ahi entroulle a páxara ó Sofan, que completou unha desastrosa primeira parte. Nunca se dominou o medio do campo, non se combinou con claridade e tampouco se puxo a loita adecuada. A liña defensiva aguantaba como boamente podia do Carnota, pero chegaron os goles. José R. tivo que intervir un par de veces para que a conta non aumentara, e o gol de Diego antes do descanso foi un tremendo balsamo para os locais.

O segundo tempo foi outra cousa. O equipo presionou dende o inicio, xuntou liñas e nuns 15 minutos maxicos sentenciou o partido. Neste periodo incluso Adrian disparou cruzado e Eloy puido anotar outro gol. O Carnota baixou os brazos e dou o partido por perdido. A saida de Berti foi beneficiosa para o equipo, e a inspiracion dos homes de ataque fixo o resto.