lunes, noviembre 03, 2008

CORME C.F. 0 S.D. SOFAN 3

Gran victoria a domicilio da SD, confirmando a sua boa racha e a solvencia que ten como visitante. Dia de moito vento, terreo de xogo en boas condicions a pesar das fortes choivas caidas e moito publico no graderío.

CORME CF: Suso, Adolfo, Abel, Rafa Valiña, Alejandro, Gonzalo (Josiño m.36), Diego, Lentejo (Lucas m.89), Iago, Brais (Manueliño m.62) e Fus (Pablo m.79).
S.D. SOFAN: Jose R., Christian (Gende m.89), Diego, Juanjo, Gustavo, Mario, Pizo, Eloy (Oscar m.88), Abel (Berti m.78), Adrian (Marcos m.84) e M.Varela(Suso Docampo m.70).

ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Gonzalo por parte do Corme.

GOLES:
0-1 m.62 Centro envenenado de Varela que Rafa Valiña mete na sua portería o tentar despejar de cabeza
0-2 m. 81 Triangulacion de libro entre Berti, Eloy e Suso que este último marca coa sua habitual sangre fria
0-3 m. 89 Pizo dende 30 metros engancha un trallazo que se cola pola misma escadra.

O forte vento no condicionou en demasia o desarrollo do xogo. A SD tentou de cortar a conexion cormelana no medio do campo, taponando ós seus creadores de xogo. O Corme era incapaz de mandar balons con claridade a Iago, moi ben tapado en todo momento polos centrales carballeses. En rapidas contras a SD creou perigo nos primeiros minutos. Pizo nun rexeite da defensa estivo a piques de marcar pero o seu tiro rebotou nun xogador do Corme. Mario de cabeza e Abel tamen tiveron opcions neste intervalo. O Corme tentouno a balon parado pero Jose estivo bastante tranquilo e sen apenas traballo.

No segundo tempo os locales sairon mais enchufados, dominando o xogo no primeiro cuarto de hora, pero o primeiro gol afectoulles moito. Alejandro subiu ó medio do campo e a partir de ahi encerraron á SD na sua area, botando innumerables saques de esquina que sembraban o pánico na area dos rojillos. Tivo Alejandro a mais clara ocasion pero o seu tiro saiu fora, e foi outro home curtido en mil batallas, Suso, quen sentenciou o partido nunha maxistral xogada. Co 0-2 o Sofan puido marcar algun gol mais á contra, ainda que o resultado pódese decir que foi algo abultado para os méritos expostos polos dous equipos.