lunes, octubre 06, 2008

CASTRIZ CF 0 - S.D. SOFAN 2

Gran triunfo da SD nun dos campos mais dificiles da categoria, tras un partido moi serio dos de Sofán. En tarde fria déronse cita uns 80 aficionados en San Pedro. Terreo de xogo moi irregular que impediu a práctica dun fútbol fluído e de calidade.

CASTRIZ- David, Roberto Souto (Javier Campos m.46), Toniño, Alberto, Cilindro, Jota, Koeman (Torreira m.76), Noli, Sebas, Mara (Moro m.80)(Martin m.86), Mauri (Alvaro m.46).
SD SOFAN- Jose R., Christian, Gustavo, Juanjo, Gende, Mario, Pizo, Eloy (Varela m.80), Abel (Oscar m.83), Adrian (Diego m.70) e Suso Docampo (Marquitos m.62).

ARBITRO: Adrian Barros Vidal, que amonestou a Alberti, Koeman e Alvaro por parte local, e a Adrian por parte visitante.

GOLES: 0-1 m.25 falta directa ó borde da area que transforma Eloy con maestria 0-2 m.73 contragolpe visitante levado por Diego e Eloy, Abel revólvese na area e remata cruzado batendo a David.

Gran partido da SD, sobre todo no aspecto defensivo, sabendo contrarrestar os puntos fortes do Castriz e contragolpeando con perigo. As cousas estaban claras na pizarra e leváronse á práctica á perfeccion. O Castriz tentou de levar o dominio nos compases iniciais, pero a SD ben replegada non pasaba apuros. Foi Mauri quen tivo unha inmellorable ocasión de marcar nun erro defensivo pero enviou o balón alto. Jota estivo ben anulado e por ahi cortouse o flujo de futbol dos locais. En duas contras Abel levou a inquietude ás bancadas locais, pero non foi capaz de definir. O gol de Eloy asentou ós do Sofan na sua idea e doulles seguridade. Pouco despois foi anulado un gol a Mario por suposto fora de xogo.

O Castriz variou no segundo tempo con dous cambios na caseta, pero o partido foi mais do mesmo. Co aire a favor acosaron a meta de Jose Ramon no primeiro cuarto de hora da reanudacion, pero o guardamallas mostrouse seguro coma sempre. Un centro chut de Noli colouse na meta do Sofan pero o gol foi anulado por fora de xogo de Alvaro. As contras da SD eran cada vez menores, e intuiase moito sufrimento ata o final, pero o oportunismo de Abel sentenciou o partido. A partir de ahi foi un quero e non podo dos locais, que o intentaron todo, principalmente colgando balons á area, pero a SD, que acabou con 10 xogadores por lesion de Christian, non tivo problemas para obter a primeira victoria da tempada.