viernes, octubre 03, 2008

NON PROSPEROU O RECURSO DA S.D

Segun acordo adoptado pola Federación Galega de Fútbol:

"Finalizada a informacion aberta ante reclamación presentada pola S.D.Sofán e vistas as alegacións formuladas polo Muros S.D., de todo eso pódese observar que o C.G.A. non remitiu ó Muros S.D. copia do anexo arbitral onde indicaba a expulsión do xogador obxecto da reclamación, creando indefensión no clube denunciado, polo que se acorda:

Primeiro: Retrotraer o expediente e anular a sanción de 1 partido imposta ó xogador Luis Lariño Gonzalez en reunion extraordinaria de fecha 19/09/08
Segundo: Abrir información e dar traslado do anexo arbitral ó Muros S.D. concedendolle prazo de 48 horas para que formule aquelas alegacións que estime oportunas
Terceiro: desestimar a reclamación presentada e proceder á devolución á S.D.Sofan do importe do deposito de reclamación establecido polo clube"

A S.D. Sofan quere mostrar a súa indignación ante esta resolución, pois considera que os seus dereitos se viron gravemente dañados.

Este texto ven a demostrar varias cousas:

- O xogador estaba sancionado, como se recoñece no punto primeiro, pois de non estalo non se pode anular a sanción
- O anexo existe, como se recoñece no punto segundo, pois senon non se poderia dar traslado do documento ó Muros
- O fax foi enviado e recibido en Muros e en Sofan na tarde do venres

Entonces ¿por qué se lle da a razón ó Muros? É unha pregunta de dificil resposta, pois sacase da manga unha supuesta indefensión producto da non entrega do anexo. Outra pregunta que nos facemos é ¿para que manda a Federación o fax, si é unha comunicación insuficiente?

Outro punto que nos parece un desprecio ó clube é que solo se lle da posibilidade de reclamación ó Muros. ¿Para reclamar qué? Sen embargo, nin se cita a posibilidade de recurrir á que legalmente ten dereito a S.D.

Todo parece indicar que as presións exercidas dende un determinado medio de comunicación fixeron mella no ente federativo, pois casualmente aducen o tema do anexo, igual que se cansou de xustificar dito medio, ó que solo lle faltou poñerse a bufanda do Muros e que enchiu as suas páxinas de medias verdades. A última cuestión que nos facemos é ¿por qué dito medio pon nas suas crónicas que o porteiro que xogou nas Eiroas contra o San Lorenzo é un tal Marcos, e o repite varios días despois, e agora se enche de verdade ensinando a foto de Lupi?

A realidade dos feitos é que un xogador sancionado participou no Muros - Sofan, e que a decisión da federación abre a veda ós clubes da costa, que simplemente con apagar os faxes, aludir un fallo de Telefonica na linea ADSL ou decir que non saben leer e así se mostran "indefensos" ante as decisións da Federación se poderán saltar as sancións á torera. Ver para creer.