domingo, octubre 12, 2008

S.D. SOFAN 0 FISTERRA S.D. 1

Unha vez mais a falta de definición ante o gol privou á Sd dun mellor resultado, nun encontro moi frouxo dos homes de David Baña, que non mereceron a victoria en ningun momento. Os frios datos son demoledores coa Sd na sua traxectoria como local, ¡¡ 1 ¡¡ gol a favor en tres partidos disputados no Carral, e ainda que solo se encaixaron 2 estes significaron a perda de ¡¡7¡¡ puntos como local. Alinearon ambos equipos a:

SD SOFAN: Jose R., Christian, Diego, Juanjo, Gende (Gustavo m.50), Mario (Varela m.70), Pizo, Eloy, Abel, Adrian (Suso Docampo m.59), Marquitos

FISTERRA S.D.: Antonio, Falito, Chula (Jose m.35), Manin, Xusto, Bebeto (Sergio m.63), Rivas, Marco Castreje, Manuel Cartamil, Roco e Luisito (Borja Munitis m.79).

ARBITRO, Varela Silva, que amonestou a Jose R., Marquitos e Suso Docampo por parte local, e a Falito, Manin e Rivas por parte visitante. Expulsou a Marco Castreje no m.66 e ó delegado local no m.80.

GOL: 0-1 m. 36, indecisión defensiva da SD que aproveita Manuel Cartamil con pilleria para anotar.

Tras unha primeira ocasión clarisima do fisterrán Manuel, que enviou un remate ó pao, respondeu Diego con unha falta ó longueiro da meta de Antonio. Foron os iniciais os mellores momentos da Sd, con un Eloy que comandaba o xogo ofensivo e un Adrian moi incisivo na banda dereita. Anulouse un gol a Gende á saida dun corner no m.12, e Abel e Mario puideron anotar neses minutos. A partir da media hora estirouse o Fisterra e en dous corners consecutivos estiveron a piques de marcar Xusto e Bebeto. O gol do Fisterra desconcertou ós locais que non souberon reaccionar de ningunha maneira. Xa pesa de maneira psicolóxica o feito de ter tantas dificultades para anotar goles.

No inicio do segundo tempo saiu con impetu o Sofán, e Adrian primeiro e Abel despois tiveron claras ocasions, pero Jose R. estivo increible nunha man que lle sacou a Luisito. Unha internada de Diego dou a réplica nunha das mellores xogadas do partido, pero o centro do zurdo non encontrou rematador. Mediado o segundo tempo o partido levouse ó terreo que quixo o Fisterra, con moito xogo parado e pouco futbol por ambas partes. Os locais mostraronse torpes á hora de xenerar xogo en en ningun momento deron sensacion de poder empatar. Christian internouse un par de veces ben por banda, e nunha delas estivo a piques de marcar, pero a verdade é que sería o canto do cisne, pois a tarde de hoxe foi aciaga para os locais. Nin contra dez se souberon impoñer e o final o resultado é xusto.