lunes, octubre 20, 2008

CAMARIÑAS C.F. 1 S.D. SOFAN 1

Non acompaña a sorte á SD, que tras un partido moi serio no Hermanas Patiño deixou escapar 2 puntos no último suspiro. Tarde moi calurosa e uns 100 espectadores que presenciaron un competido encontro.

CAMARIÑAS CF - Marcos, Pesqui (Pirucho m.73), Maikel, Riveiro, Breo (Tedin m.83), Alex, David, Moriño, Pedro, Isma e Brais Triñanes
SD SOFAN - José R., Christian, Diego, Juanjo, Gustavo, Mario(Berti m.60), Pizo, Eloy, Abel (Suso Docampo m.89), Adrian (Oscar m.76) e Varela (Gende m.83)

ARBITRO: Alvarez Vega, que amonestou a Breo por parte local e a Jose R., Abel e Berti por parte visitante.

0-1 m. 65 Roubo de balon de Eloy que fai a parede con Adrian, plantase ante Marcos e bateo na sua saida 1-1 m. 91 Balon colgado á area de Pedro anticipase a Jose R. para batilo de cabeza.

Plantexou a Sd o partido de saida ó contragolpe, cerrando ocos ós puntais do Camariñas. Moriño era ben vixiado por Pizo, Brais e David recibiron severas marcas dos laterais, e Pedro tivo que pelexar con Gustavo. Nos primeiros minutos Brais realizou un par de perigosas internadas por banda, pero Diego amarrouno ben o resto do partido. A SD buscaba a rapidez nas contras cos seus tres homes de ataque, Eloy, Abel e Adrian. Pola dereita Adrian foi un pesadelo para Maikel. Abel pelexouse toda a tarde cos centrais. Unha falta forzada polo dianteiro serviu para que Eloy a espetase contra o longueiro. Pouco despois unha gran xogada de Eloy e Diego acabou nun gran centro deste que non foi rematado por pouco. Na mais clara ocasion do partido Eloy cedeu a Abel que a porta vacia non foi quen de anotar. O Camariñas neste periodo solo inquedou a balon parado, e nun corner tivo Pedro un claro remate que saiu alto.

No segundo tempo os locais tomaron o mando. O cansancio fixo mella na Sd, que se replegou en demasia e pasou bastantes apuros. Pedro fallou un gol cantado ante Jose Ramon, e pouco despois chegou o tanto de Eloy. Con ventaxa no marcador a SD replegou liñas e defendiu o resultado, o Camariñas achuchou pero un par de contras da SD levaron o panico á meta de Marcos. Foi no ultimo intre cando Pedro, un dos mellores dos Camariñas, levou as tablas ó marcador,resultado xusto por ocasións e xogo.