jueves, mayo 10, 2007

S.D. SOFAN - SANTA COMBA B - PREVIA

Xa queda pouco para a disputa do partido de volta da primeira ronda da copa da costa que enfrontará á SD co filial do Santa Comba. Definitivamente o encontro xogarase no campo de "herba" artificial das Eiroas, o domingo ás 17.30 horas. A ver se o afeccionado sofanista se anima a vir a Carballo a ver ó seu equipo, que necesitará o seu apoio incondicional.

O mister Chema Eiris, que non sabemos se está mais pendente do partido ou do embarazo da sua dona, terá as baixa de You por lesion e Dani por estudios. Con respecto ó partido de ida recuperaronse Cristian da sua lesión muscular, Carro dos problemas de espalda que o veñen martirizando ultimamente e Marcos Gende da despedida de solteiro á que acudiu fai 15 dias.

Ainda que o resultado é favorable en principio ós intereses do noso equipo, non cabe ningun tipo de confianza, pois o Santa Comba mostrouse como un equipo ben traballado, de un alto nivel fisico e con 3 ou 4 xogadores de bastante calidade. O plus motivador que ten a copa para estos chavales pode facer que rindan por encima das suas posibilidades reales, e se a Sd non disputa o partido con todos os sentidos postos no xogo, a eliminacion pode ser un feito ás sete e media da tarde do domingo. De todas maneiras vamos a confiar na capacidade e calidade dos nosos homes para que saquen adiante esta eliminatoria e poidamos disfrutar polo menos de outros dous emocionantes partidos do torneo do KO.