domingo, mayo 20, 2007

PONTECESO S.D 3 S.D. SOFAN 2

Lamentable espectaculo o dado onte no campo do Pinguel o finalizar o partido de oitavos de final da copa da costa por parte dos dous equipos, que se enzarzaron nunha tangana impropia de xente civilizada. Sen entrar a buscar culpables, pois creemos que tanto o que provoca como o que responde teñen parte dela, si que é certo que a algun dos xogadores locais pareceu olvidar o seu pasado como xogador da SD e a educacion que a bo seguro recibiu na casa.

Este feito empaña un gran partido, disputado de poder a poder, cada equipo expoñendo as suas armas como mellor saben, que tivo goles, emocion e por momentos bo futbol. Pasa á seguinte ronda o Ponteceso, pero dende Sofan estamos contentos co futbol que desenrolou o noso equipo, que obrigou ós da Vila de Pondal a defenderse practicamente na totalidade do tempo disputado nesta eliminatoria. Creemos que se algun equipo arriscou para ter ganado a eliminatoria ese foi o noso, pero o futbol son goles, e a SD encaixou 5 en dous partidos, por tanto non hai ningun pero que poñer a esta confrontacion.

ALINEACIONS:

PONTECESO S.D. - Pombo, Isaac (Ivan m.80), Salva, Mato, Felipe, Pichuco (Tucho m. 60), Miguel Torrado, Gonzalo, Nando, Toniño e Santi.

S.D. SOFAN - Costa, Pancho (Mutio m.88), Gustavo, Gende, Varela, Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Bertin (Berti m. 46), Eloy e Carro

ARBITRO. Varela Villar, que amonestou a Felipe e Toniño por parte local, e a Varela e Gustavo, este por duas ocasions, polo que foi expulsado no min. 89

GOLES: 1-0 m. 29 Salva bota unha falta hacia a area e sorprende a Costa 2-0 m. 39 Gran contraataque do equipo local con pase de Toniño a Nando que de magnifico remate pon o segundo gol 2-1 m. 57 corner botado por Pizo, Carro recibe na area e marca con habilidade 2-2 m. 71 gran xogada entre Carro e Eloy, este cede magistralmente a Berti que anota o seu primeiro gol como sofanista 3-2 m. 82 centro dende a dereita que Miguel Torrado remata de cabeza esplendidamente e o balon entra pola escadra

Saiu a Sd consciente de que tiña que ganar o partido para eliminar ó Ponteceso, e pronto asumiu o mando do xogo. O equipo local montou duas lineas de catro moi xuntas e con clara tendencia defensiva, esperando que Toniño e Nando resolveran en ataque. O Sofan combinaba ben, sobre todo na banda de Carro, pero as ocasions dificilmente chegaban. Eloy disparou dende lonxe e Pombo respondeu cunha gran parada. Nesto chegou o sorprendente gol de Salva, e ainda que o Sofan seguiu dominando, o segundo gol de Nando parecia deixar a eliminatoria sentenciada.

A saida de Berti doulle mordente ó ataque visitante, e o segundo tempo foi por completo da SD, que dominou o xogo, creou ocasions bastante claras, remontou o marcador e parecia que se podia levar a eliminatoria. O partido neste periodo comenzou a endurecerse bastante, e o colexiado non soubo cortar a tempo estas accions. O Sofan xogou con tres defensas a maior parte deste tempo, con Pizo cerca da area rival, e un Carro inconmensurable que loqueou á defensa do Ponteceso. Pero co 2-2 Miguel Torrado asumiu a responsabilidade no seu equipo, marrou unha ocasion clarisima, pero na segunda que tivo sentenciou a eliminatoria. De aqui ó final, foi un querer e non poder do equipo visitante, e todo rematou como o rosario da aurora.