lunes, mayo 14, 2007

PRIMEIRA FICHAXE DA SD PARA A TEMPADA 2007/2008

No dia de hoxe ven de firmar coa SD Sofan Alberto Lorenzo Suarez, mais coñecido nos corrillos futbolisticos como BERTI. Nacido en Leiloio o 23de Novembro de 1984, ten polo tanto 22 anos.O ex-dianteiro do Cerqueda comprometeuse co clube do Carral para a competicion de copa e a proxima liga da costa. Con este xogador reforzase bastante a zona de ataque, que xa contaba con homes da calidade de Cristian, Bertin, Marcos Cancela ou Eloy.

É Berti un dianteiro opotunista e con gran olfato de gol. Os seus rexistros en segunda e terceira rexional así o demostran. A sua caracteristica principal é ser un gran rematador, dos que non fallan moitas ocasions diante da porteria contraria. Ademais el mesmo se define coma un xogador de equipo, nada egoista no seu concepto do futbol de ataque.

Estivo ligado dende pequeno ó Malpica, clube que o viu debutar con 16 anos en 3ª division nun partido contra o Celta B disputado nas Eiroas. O ano seguinte anotou os seus primeiros goles coa casaca azul contra o Vizoño. Ese ano marcou un total de 4 goles en Rexional Preferente, nunha tempada que acabou co descenso do equipo. Un novo descenso afectou ó Malpica en 1ª na seguinte tempada, na que Berti anotou 5 goles. A sua explosion goleadora veu na tempada 2003/2004, na que anotou 17 goles en 23 partidos, nunha tempada na que o Malpica quedou clasificado en 6º lugar na 2ª rexional. Estos rexistros valeronlle a fichaxe polo San lorenzo para xogar novamente en 1ª Rexional, pero non tivo sorte esa campaña, anotando solo 4 goles. Tivo que marchar na tempada seguinte a buscarse as fabas ó equipo da sua terra, o Cerqueda, no que a tempada pasada anotou 19 tantos xogando uns 22 partidos de liga, e nesta leva 16 goles en liga e 2 mais na eliminatoria que lles ven de enfrontar co Buño.

A ver se nesta nova andadura no futbol da costa Berti ten sorte e pode aportar á SD as suas cualidades para que o noso clube medre un pouquiño mais a tempada que ven.