ALINEACIONS
SD SOFAN: Costa, José (Mutio m.79), Gustavo (Pancho m.89), Gende, Varela, Pizo, Carro, Juanjo, Bertin (Cristian m.54), Eloy e Pablo Vazquez (Cancela m.77).
PONTECESO SD: Pombo, David, Salva, Mato, Felipe, Pichuco, Miguel Torrado, Tucho (Ivan m. 86), Nando (Pablo Rama m.69), Toniño, Santi.
ARBITRO: Fernando Santos Rey, que amonestou a José, Gustavo, Gende, Carro e Mutio pola SD, e a Salva, Toniño e ó mister Mato por parte visitante. Expulsou a Pablo Rama no minuto 87.
GOLES: 1-0 m. 12 Centro de Eloy dende a esquerda e Bertin bate a Pombo a placer. 2-0 m. 33 falta de entendemento entre Pombo e Miguel Torrado que aproveita Bertin para marcar a porta valeira. 2-1 m. 44 Penal riguroso a Toniño, que marca Salva con gran frialdade. 2-2 m. 51 Xogada de pilleria de Toniño que ante a pasividade da defensa local cede a Felipe para que o ex-sofanista marque a placer.
Partido tipicamente copero o disputado hoxe sobre a alfombra das Pedreiras, de constantes alternativas e bonito para o espectador. Sorprendeu o Ponteceso ó alinear a Felipe e Mato na medular e a Miguel Torrado, o seu home mais creativo, de central, posicion na que xogou un gran partido. Quizais a sua idea era anular ó mediocampo do Sofan, un dos seus puntos fortes, pero no primeiro acto non o lograron, ainda que si que o fixeron na continuacion. Pizo asumio unha vez mais o mando das accions ofensivas, ben acompañado por Pablo e Juanjo. Quizais Bertin se encontrou un pouco solo na punta do ataque, pero tirou do seu amplio repertorio para incomodar infinitas veces á zaga visitante e anotar dous novos goles na sua conta particular.
Neste tempo non inquietou o Ponteceso á defensa local se non era polo seu poderio aereo, e nun corner chegou a mellor oportunidade visitante nun remate de Mato que sacou Gustavo na liña de gol . Tivo Juanjo unha boa ocasion pero disparou alto dende a frontal. No bando visitante era Toniño o que levaba algo de perigo, e nunha xogada ó filo do intermedio o colexiado pitou un penal moi riguroso nunha suposta entrada de Pizo a este xogador. Salva converteuno e chegouse ó descanso coa sensacion de que a SD deixara escapar vivo ó Ponteceso.
O caos adueñouse da zaga local no primeiro cuarto de hora do segundo tempo. O empate foi unha xogada na que se pecou de falta de contundencia, e un par de balons perdidos por Varela acercaron o perigo á area de Costa no periodo de maior dominio do Ponteceso. O equipo visitante creceuse co empate e completou un segundo tempo magnifico en labores defensivas e con un Toniño ( que gran partido o seu ) inquietando sempre que collia o balon. Cando o Sofan quixo volver a dominar o partido era tarde, este endureceuse e solo en algunha xogada embarullada Pizo, Carro, Cristian ou Eloy poideron marcar, pero unhas veces Pombo e outras a falta de punteria evitarono.
Empate que se pode considerar xusto, con un tempo para cada equipo, e as espadas en todo o alto para o partido de volta.