domingo, mayo 13, 2007

S.D. SOFAN 6 SANTA COMBA B 0



Partido sinxelo para a Sd o de volta da primeira ronda de copa, que rematou con un claro resultado a favor dos locais. Frouxa entrada no campo das Eiroas en tarde de frio e auga, impropia das datas nas que estamos.
ALINEACIONS -
SD SOFAN: Costa, Pancho, Gustavo, Juanjo, Varela, Pizo(Gende m.46), José, Pablo Vazquez, Cancela(Cristian m.57), Bertin(Carro m.53) e Eloy.
SANTA COMBA B - Santi, Pablo Mouro (Jorge Suarez m.79), Miguel (Jorge m.60), Pio, Martin (Ruben m. 46), Solis, Marcos Negreira, Alex (David Negreira m.46), Daviciño, Bruno e Esteban (Santi m. 60).

ARBITRO: Jose Luis Zas Vazquez, que amonestou a Miguel, Bruno, Santiago e David Negreira e expulsou a Pio e a Bruno, por parte visitante.
GOLES: 1-0 m 2 Eloy remata no segundo pao un centro de José 2-0 m 10 Bertin culmina de tacon un barullo na area 3-0 m 31 Eloy de vaselina ante a saida de Santi 4-0 m. 63 Carro culmina un man a man co porteiro con gran frialdade 5-0 m. 75 Cristian remata na boca do gol con picardia 6-0 m. 83 José remacha unha boa xogada pola banda dereita.

Solventou as dubidas que xenerara o partido de ida a SD en dez minutos de futbol de categoria, con unha rapida circulacion de balon que permitiu encontrar ocos na defensa dos de Santa Comba. O equipo visitante plantexou o partido á contra pero encontrouse cos goles demasiado pronto, e o encontro quedou visto para sentencia antes do primeiro cuarto de hora.

A presencia de Juanjo no eixo da zaga asegurou unha boa saida de balon dende atras dos locais, que nunha primeira media hora primorosa, fixeron disfrutar ó seu publico de xogadas de moita calidade, sobre todo por parte de Eloy, que estivo sembrado nesta fase do partido. Pizo e Pablo dominaban o centro do campo e encontraban en Bertin o apoio que necesitaban en todo momento.

No segundo tempo, coa eliminatoria decidida, comenzou o carrusel de cambios, e as inexplicables expulsions dos xogadores do Santa Comba, que quizais se dedicaron a protestar mais da conta nun partido de guante blanco no que o arbitro non tivo arte nin parte. Xa con nove xogadores o equipo visitantes caeron os restantes goles, nunha media hora final que sobrou e na que o equipo local xogou practicamente andando ante un Santa Comba voluntarioso que non puido facer moito mais.

Agora os caprichosos cruces fan que sexa o Ponteceso o proximo rival da Sd. O primeiro partido disputarase no campo das Pedreiras de Verdillo o xoves 17 ás 17.30 horas.