lunes, abril 30, 2007

SANTA COMBA B 2 - SD SOFAN 2


Sacou un empate a SD na sua visita ó Carreiro en partido correspondente á ida da primeira ronda da Copa da Costa. O resultado foi un mal menor para os visitantes que xogaron un partido bastante caotico.

ALINEACIONS:

SANTA COMBA B - Santi, Pablo, Esteban(Jorge m.89), Adrian (Ruben m. 56), Pio, Solis, Marcos Negreira (Amarelle m. 85), Alex, Daviciño(Gabriel m.68), Bruno e Miguel.

SD SOFAN - Costa, Pancho, Jose(Mutio m. 62), Gustavo, Varela, Pizo, Juanjo, Pablo Vazquez, Pombo, Eloy(Cancela m.60) e Bertin.

ARBITRO - Ferreño Presedo, sen complicacions. Amonestou a Bruno e Miguel por parte local, e a José por parte da SD

GOLES: 0-1 M. 33 Pase en profundidade a Bertin que eleva o balon por encima da saida de Santi 1-1 m. 45 falta lateral sacada ó segundo pao e Alex introducea na porteria ante a indecision da zaga visitante 2-1 m. 70 roubo de balon de Negreira cerca da area, producese un rexeite e Alex chegando dende atras empalma un trallazo que entra pola escadra 2-2 m. 93 Bertin aproveita un barullo na area para empalar unha boa volea que bate a Santi

Sorprendente partido o de onte no Carreiro, nun terreo de xogo que condicionou moito o choque polas suas dimensions e superficie. O Santa Comba, teoricamente inferior á Sd, plantexou o partido de maneira admirable, buscando explotar ó maximo as suas virtudes, e traballando exemplarmente en defensa. As baixas do equipo visitante fixeron que debutara unha dianteira inedita esta tempada, formada por Pombo e Eloy, que nunca encontrou ocos na defensa do filial. Pola contra, Daviciño era un pesadelo para os centrais carballeses pola sua movilidade e habilidade para recibir entre liñas. As ocasions brillaron pola sua ausencia no primeiro tempo ata o gol de Bertin, que parecia aclarar o panorama para a Sd. Pero nada mais lonxe da realidade, pois o empate ó borde do descanso foi un mazazo. Os locais pillaron confianza nas suas posibilidades, e iso, sumado á apatia visitante, fixo que no segundo tempo dominaran o partido, anotaran un gran segundo gol e incluso tiveron un par de contraataques que deberon sentenciar o choque. Tivo fortuna a Sd, pois a pesar de volcarse na meta de Santi apenas se crearon ocasions, e cando o partido esmorecia Bertin aproveitou habilmente un balon solto para firmar un empate que os visitantes consideran como un gran resultado de cara ó encontro de volta.