lunes, octubre 02, 2006

S.D. SOFAN 6 - CAMARIÑAS C.F. 1


Partidazo no Carral. O Sofán vence por primeira vez en partido oficial ó Camariñas, e de que maneira. As gañas que tiña o equipo de reencontrarse coa afeccion tras o decepcionante partido do Buño traducironse nun partido historico que de aqui a uns anos ainda se recordará na parroquia carballesa, pois un dos grandes da costa foi vapuleado no Carral. Boa entrada de afeccionados en tarde soleada.
ALINEACIONS
S.D. SOFAN: Costa (Dani m.81), Mutio (Jose m.75) Gende, Varela, Gustavo (Pancho m. 78); Juanjo (Pombo m. 66), Pablo Vazquez, Pizo, Carro; Eloy e Cristian.
CAMARIÑAS: Marcos (Ivan m.45), Tono, Pablo, Yago CArril (Juan m.75), Nando, Moriño, Carlos (Ismael m. 70), Brais Casal (Dario m.45), Pedro (Sergio m.80), Pirucho e Brais Triñanes.
ARBITRO: Borja Sanchez Garcia, que amonestou por parte local a Varela, Cristian, Dani e Pombo, e por parte visitante a Carril, Nando, Moriño y Pirucho. Foi expulsado no minuto 61 o visitante Nando.
GOLES: 1-0 Pizo m.15 2-0 Carro m. 31 3-0 Eloy de pty. m. 52 3-1 Brais Triñanes m. 55 4-1 Cristian m. 67 5-1 Cristian m. 74 6-1 Eloy m. 81
A SD xogoulle con moito respeto o Camariñas, consciente de onde estaban as armas a explotar, e deixoulle levar o peso do partido ó equipo visitante, que tivo o control do balón a maior parte do primeiro tempo. Nando e sobre todo Moriño absorveron todo o xogo Camariñan, pero o futbol dos azuis chocou unha e outra vez co rocoso entramado defensivo local. Por parte dos locais Cristian loitaba moi so en punta, e parecia que o Sofan estaba esperando con pacencia a sua oportunidade para clavar o aguillon. E chegou nunha falta que Pizo lanzou de rosca e o porteiro Marcos non puido atrapar. Co resultado a favor os locais sentironse cada vez mais comodos. So Pedro inquietou algunha vez á defensa carballesa, pero Costa mostrouse moi seguro baixo paos. O Sofan montou un par de contras que inquietaron a Tono e compañia, e nunha delas unha combinacion entre Cristian e Carro acaba con un trallazo do vello que entra por toda a escadra. Un golazo. Así chegamos ó descanso, coa desesperacion dos de Camariñas que non encontraron un resquicio na linea defensiva local.
No segundo tempo un claro penal a Carro convirteo Eloy, e parece que o partido está sentenciado. Pero o gol de Brais á saida dun corner, e o posterior nerviosismo local, que se traduce en claras ocasions para Pedro e Brais, xenera incertidume no graderio. o 4-1 de Cristian e a expulsion de Nando son decisivas e a partires de ahi o Sofan da un recital de futbol, combina moi comodo e crea bonitas xogadas que gustan ó publico. Cristian volve a marcar, nunha tarde inspirada do 9 do Sofan e Eloy remata a faena con un golazo, o mellor da tarde , que é producto do futbol combinativo local e que levanta pasions no publico presente. Ismael ten tempo todavia de fallar un penal, e así remata o encontro, que ante o asombro da parroquia, acaba co resultado de 6-1.