sábado, octubre 14, 2006

ALFREDO FICHA NO MALPICA



Alfredo Dominguez, o futbolista de Sísamo , deixou de pertencer ó plantel da S.D. esta mesma semana. A falta de oportunidades foi o argumento esgrimido polo lateral para pedir a carta de liberdade, que nun detalle moi caballeroso, en seguida foi tramitada pola directiva do clube carballes. O defensa xa adestra co Malpica, equipo no que xoga o seu irman Toni, e desexa debutar pronto co equipo azul.

Consideracions de indole persoal aparte, decir que non sentou nada ben a marcha de Alfredo, pois era un home querido no vestiario, e abandona o equipo nun momento de escaseza de efectivos que pon a Chema Eiris nunha situacion complicada á hora de confeccionar as alineacions. Nin era o momento nin as maneiras para deixar colgados ós compañeiros que tanto apreciaban ó xemelo abogado.

Con unha traxectoria longa en equipos (Bergantiños xuvenil, San Lorenzo, Ponteceso, Sofan) , Alfredo viña de xogar a tempada pasada a respectable cifra de 20 partidos, 10 deles coma titular, e tiña recibido 2 cartons amarelos. Este ano a competencia na liña defensiva era grande, pero de seguro que teria as oportunidades que busca no Malpica. Desexarlle sorte ó bo de Fredi.