domingo, octubre 29, 2006

S.D. SOFAN 1 - SP. ZAS 1


Gran partido o disputado nesta tarde de domingo no campo do Carral. Visitaba Sofan o lider , que demostrou porque ocupa esa posicion, pero o equipo local plantoulle cara en todo momento e o empate final que rexistrou o marcador podese considerar xusto. Tarde soleada con moito publico, que disfrutou dun bo futbol e variadas ocasions de gol.

ALINEACIONS

S.D. SOFAN: Dani, Mutio, Jose, Gende, Gustavo, Pombo (Pancho m.57), Carro, Pizo, Cristian, Eloy e Juanjo(You m. 85).
SP. ZAS: Norberto,Chentoni, Josito, Julian, Martin(Alfredo m50), Jorge, Navarro, Ibiza(Pichin m.50), Suizo, Braulio e Lagoa.

ARBITRO: Ruben Quiroga Gonzalez, que amonestou a Mutio, Jose e Cristian por parte local, e a Jorge Espasandin por parte visitante.

GOLES: 1-0 m. 26, Cristian, tras centro de Carro 1-1 m. 59 Pichin, nun corner no que se revolveu moi ben na area.

Partido de poder a poder no Carral, con un Zas que dominou o balon , e un Sofan que xogando ó contragolpe puido levarse o partido.O medio do campo do Zas, con Jorge e Josito, controlou o ritmo do partido no primeiro tempo, pero a pesar de chegar con fluidez o borde da area local, non lle creaban problemas o meta Dani, moi seguro toda a tarde. Ainda asi Eloy falla un gol cantado baixo paos nun bo pase de Pombo.A xogada clave chega no minuto 24. Braulio e derribado por Gustavo dentro da area, pero o conseguinte penal lanzao alto Jorge, e na seguinte xogada marca o Sofan nunha conbinacion moi bonita entre Eloy e Carro que convierte Cristian no primeiro gol da tarde. A partir do 1-0 o Zas volcase mais e lanzan unha falta ó largueiro, pero o resultado non se move ata o descanso.
No segundo tempo o Zas fai dous cambios moi ofensivos rapidamente, e o baixon fisico do Sofan, incrementado coa lesion de Pombo, fai que os acosos visitantes sexan continuados. Chega o gol de Pichin e por un momento parece que o Zas se vai levar o partido, pero no tramo final os locais, primeiro con un tiro de Carro que se vai ás nubes, e logo con unha gran parada de Norberto a tiro de Eloy, meten o medo no corpo os lideres. E Cristian case sobre o tempo o que ten a ocasion mais clara, pero o seu remate vaise ó limbo e o resultado de empate non hai quen o mova.