lunes, octubre 23, 2006

CORME F.C. 1 - S.D. SOFAN 0


Tarde fria a de onte na terra dos percebes nun fin de semana de auga e inundacions en toda Galicia. O terreo de xogo do Cairo atopase en boas condicions tendo en conta o que choveu, pero sí é certo que estaba algo blanDo, detalle que foi decisivo no transcurso do partido.

ALINEACIONS:

CORME FC - Suso, Adolfo, Rafa Valiña(Suso m.60), Lelo, Manu Veres(Cristian m.89), Juan, Felipe, Alejandro(Hector m70), Brais, Martín(Abel m.85) e Iago.

S.D. SOFAN - Dani, Mutio(Pancho m.82), Gende, Varela, Jose(Gustavo m.82), Juanjo, Pablo Vazquez, Pizo, Carro, Eloy e Cristian.

GOL. 1-0 Iago no m.1 ó aproveitar un resbalón de Dani marca a porta vacia.

ARBITRO. Sergio Rodriguez Tajes. Amonestou por parte do Corme Manu Veres,Felipe, Martin, Brais e Hector, e por parte visitante a Jose, Pablo Vazquez, Pizo e a Varela en 2 ocasions polo que foi expulsado no minuto 59.

O gol na primeira xogada do Corme nunha xogada de mala sorte por parte de Dani condiciona un partido que se presentaba moi interesante para o publico asistente. O equipo local, moi xustiño fisicamente, pode así replegarse e defenderse con orden, e o mesmo tempo tentar sacar algun contragolpe aproveitando que a SD ten que arriesgar e xogar coas lineas adelantadas. O Sofan leva o peso do xogo no primeiro tempo, con Pablo e Pizo recuperando pronto o balon e tentando de entrar por bandas, pero o repliegue dos locais é moi intenso e solo se lle crea perigo en lanzamentos dende fora da area, sobre todo un de Eloy que sae a rentes do pao. A SD lanza varios corners, encerra ó Corme na area aproveitando o vento a favor, pero vamos ó descanso co 1-0 no marcador.
No segundo tempo a expulsion de Varela ponlle o partido moi de cara ós locais, pois o Sofan ten que xogar 30 minutos con un home menos e tomando riesgos moi grandes en defensa que aproveita o Corme para trenzar varias xogadas de merito e crearlle moitos problemas a Dani. A SD segue a tentar a igualada, e Cristian ten duas claras ocasions : na primeira escapaselle o control cando se quedaba so diante de Suso, e na segunda remata impecablemente un centro dende a dereita, pero o cancerbeiro cormelan para ben situado. O despliegue fisico do Sofan é insuficiente e a victoria queda na casa, nun match no que os visitantes deberian ter levado polo menos un puntiño para o Carral.