martes, octubre 10, 2006

CASTRIZ 1 - S.D. SOFAN 1


Partido da 6ª xornada de liga, disputado en San Pedro, campo que albergou a ultima final da copa da costa. Tras unha semana de intensas choivas o campo encontrase blando e algo irregular, pero quizais é o vento o que dificulta mais un xogo de maior calidade. Moito publico visitante que acompaña ó seu equipo despois da goleada ó Camariñas.

ALINEACIONS:

CASTRIZ: Herrera, Coqui(Mauri m.75), Alex, Roberto Souto(Alvaro m.83), Toniño, Jota, Carliños, Koeman, Felipe, Cesar (Torreira m.64), Javier Espasandin (David Caamaño m.53).

S.D. SOFAN: Costa, Pancho(José m.35), Gende, Varela, Gustavo, Eloy, Pombo(Mutio m.75), Juanjo, Pizo, Carro e Cristian(You m.87)

GOLES. 0-1 Eloy m. 73 1-1 Felipe m 91

ARBITRO - Lopez Cesta, que amonestou por parte local a Coqui, Roberto,Koeman e Javier Espasandin, e por parte visitante a Pizo e a Gustavo en duas ocasions, polo que foi expulsado no m.72.

Match de poder a poder entre dous conxuntos que demostraron por que se ven falando ben deles. A S.D. planteou o partido de maneira moi seria, tentando dominar o medio do campo e evitando que o Castriz impuxera o seu futbol de forza e presion, e conseguirono na primeira media hora, con Pizo e Juanjo dominando a parcela ancha, e cunha linea defensiva moi entonada. Co aire a favor as internadas de Carro e Eloy crearon moito perigo na meta de Herrera que en un par de veces actuou con pericia para deter tiros de Cristian e Carro. Os locais tentabano con tiros lonxanos pero pouco atinados, e só un disparo de Carliños que Gustavo rechazou dende o suelo puxo o corazon en un puño á afeccion visitante. O duelo que mantiveron estes dous xogadores foi do mais destacado. No medio campo cando Jota empezou a entrar en xogo o Castriz tomou o mando do partido, pero a linea de atras dos visitantes paraba con contundencia todas as acometidas dos de roxo e negro.

O segundo tempo comenza con un castriz moi presionante aproveitando o aire a favor. Pero é o Sofan o que nun despiste defensivo, e xa con dez homes, marca por medio de Eloy, que encarou a Herrera e o batiu con calidade. A partires de ahi o ataque dos locais foi a desesperada, xogando con case 5 dianteiros, a cada cal de mais envergadura. A parella de centrais do Sofan(na foto) cansaronse de sacar balons de cabeza, e Costa parou de maneira maxistral un tiro de falta que parecia que se colaba. Foi o cazagoles Felipe á saida dun corner o que empatou o partido sobre a hora, cando Carro fallara na xogada anterior un man a man con Herrera que puido sentenciar o partido. Gran encontro en San Pedro , moi entretido e disputado, que acabou con xusto empate.