domingo, octubre 15, 2006

S.D. SOFAN 2 - FISTERRA 0


Vaia, vaia, once puntiños ten o Sofan. Cos tres logrados na tarde de hoxe ante o correoso Fisterra, a S.D. enganchase ó furgon cabeceiro esperemos que de maneira definitiva.
Tarde agradable para a practica do deporte rey no campo do Carral, que rexistra unha magnifica entrada. Arbitra Varela Villar, que é moi discutido por ambos equipos e amonesta aMutio, José, Cristian e You por parte local, e a Rafa, Sergio Manín e Yago por parte dos visitantes.
ALINEACIONS:
S.D. Sofan: Dani, Mutio, Gende, Varela, José; Juanjo, Pizo, Pombo(Pancho m.81), CArro; Eloy e Cristian(you m. 83).
Fisterra: Tolo, Rafa, Isma, Chula, Sergio Manin, Bebeto, Manuel(Guardiola m. 65), Rodri(Xusto m.70), roberto(Rivas m. 56), Roco(Yago m. 76) e David Castreje(Xacome m.56).
GOLES: 1-0 José m. 62 2-0 Cristian m. 64
Partido moi trabado, con excesivo centrocampismo e moitisimas interrupcions, sobre todo no segundo tempo. No periodo inicial a SD non encontra o seu futbol. Carro é ben frenado por Rafa, o medio campo non toca o balon con claridade e o Fisterra exerce o dominio territorial, ainda que sen ter ningunha ocasion clara. Dani é un mero espectador no seu debut nesta liga. O Fisterra conta con pouca polvora arriba, e solo a balon parado a presencia do altisimo Bebeto crea confusion na zaga local.
Na Segunda parte cambia o panorama pois o equipo local aumenta o ritmo e apreta un pouco mais. Duas grandes xogadas case seguidas poñen o resultado de dous a cero no marcador. O primeiro é un golazo: combinan Juanjo, Eloy, POmbo e Cristian e Juanjo mete un centro medido a Jose que aparece de sorpresa(ver foto) e marca. O segundo e unha falta colgada á area que peina Pizo e Cristian de marca o tipico gol de dianteiro ratonero. Anteriormente Pizo ensaiara un disparo potentisimo a saida dunha falta que creara problemas ó porteiro fisterran. Posteriormente lanza outra falta que tamen crea perigo.
O partido endureceuse no ultimo tramo, con varias tanganas producto do xogo marrullero dos verdes, que faltos de argumentos futbolisticos dedicanse a liar o partido.
Nova victoria da SD que da un plus de animosidade ós xogadores e publico do Carral para afrontar os seguintes e dificiles partidos con optimismo.