lunes, septiembre 20, 2010

FISTERRA 2 - S.D. SOFAN 2

Partido disputado de poder a poder o visto onte no Novo Cubaleiro de Corcubión. As reducidas dimensións do terreo de xogo non favoreceron o espectaculo pero ainda así os dous conxuntos demostraron que serán dos punteiros está tempada. Tarde de calor con 150 espectadores no graderío.

FISTERRA - Joselu, Wayá (Dudo, min.75), Julito, Borja Santos, Pana (Piti, min.70), Roa, Nico, Roco, Tata (Marco, min.80), Guardiola (Nacho, min.60) e Manoliño.

S.D. SOFAN - Costa, Adrián (Gende, min.84), Juanjo, Juan Rabuñal, Óscar Pardo, Mario Casal, Pizo, Diego, Jacobo (Alemán, min.46), Bertín (Manolo Varela, min.80) e Luisito (Berti, min.60)

GOLES: 1-0 min.50: Remate impecable de Julito á saida dun corner que entra pola misma escadra
1-1 min.59: Mario no segundo pao de volea tras un saque de banda
1-2 min.67: Juan Rabuñal remata coa dereita no punto de penalti un corner sacado por Diego
2-2 min.83: Manoliño, atento no segundo pao, remacha un balón que se paseou pola area sofanista.

O Fisterra demostrou o porque da súa fama de candidato ó título, e dominou o primeiro tempo con claridade, mostrando un fútbol combinativo á altura de poucos equipos da categoría. O trio do centro do campo formado por Nico, Roco e Guardiola combinaban a placer, e solo a solvencia defensiva da Sd non permitía achegamentos claros. O Fisterra estaba mais metido no partido e era mais agresivo nas súas accións non permitindo achegamentos dos dianteiros sofanistas, Bertin e o debutante Luisito. Tata e Roa tentábano por banda, e unha xogada do primeiro acabou cun remate de Manoliño que se foi alto por pouco. O propio dianteiro de Louro tivo outra clara ocasión pero Costa estivo esplendido e sacou unha man providencial. O gardameta sofanista foi o mellor no último tramo de primeiro acto, sacando un par de mans e cunha saida a pes de Roa salvando un gol cantado. A SD foise viva ó descanso de milagro.

A entrada de Aleman no segundo tempo doulle mais consistencia ó centro do campo da SD, pero nunha xogada a balón parado adiantouse o Fisterra. Canto pintaban bastos para a Sd, en duas xogadas a balón parado remontouse o partido. Os ultimos 20 minutos foron de acoso fisterrán, pero solo a balón parado conqueriu Manoliño materializar o empate. Tivo Nacho unha clara ocasión a falta de nada, pero o seu remate escorado dou no pao da porteria visitante.

miércoles, septiembre 15, 2010

A FESTA DO SOCIO, UN EXITO

Uns 300 socios disfrutaron na noite do domingo da tradicional FESTA DO SOCIO. Regado con abundante viño e refrescos, os asistentes puideron saborear os sabrosos mexillons de Lorbe, e uns deliciosos xamons asados. A Panadería Piñana aportou pan en abundancia, e as bombas de palenque e os bailes amenizaron a velada. O grupo carballés THE CERNE puxo o fin de festa cunha magnifica actuación da que disfrutou a xuventude que ata altas horas permaneciu no recinto da Gandara.


lunes, septiembre 13, 2010

S.D. SOFAN 1 - O PINDO 0

José R., Miniño, Juan Rabuñal, Pensado, Aleman, Pizo, Diego, Carlos Tojeiro... non é a alineación de onte, senón a lista de baixas que arrastra a SD. Pizo e Diego son as últimas, producidas no encontro de onte. Ó descanso a SD xa fixera dous cambios. Parece que a sorte neste aspecto non está do lado da SD.
Si que o estivo no aspecto futbolístico, pois nun partido igualado os puntos caeron do lado local. A resaca da Festa do Socio fíxose notar no campo e o Sofán estivo moi espeso no primeiro tempo, para mellorar algo no segundo.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Pizo (Manolo Varela 46´), Mario Casal, Diego (Berti 38´), Adrian, Jacobo, Bertin.

O PINDO - Garrido, Alex (Angel 87´), Piquero, Miguel de Lira, Pulpo (Paulo 70´), Julian, Rafa (Diego 70´), Poky, Rivas, Fran de Cee, Victor (Aitor 60´).

GOLES:
1-0 23´Balón en profundidade a Adrian que se fai un lio, pero Bertin chegando dende atras remata ó fondo das mallas.

Saiu O Pindo ben replegado e buscando as contras. A Sd, dirixida por un Pizo que vai pillando o seu nivel habitual, tentouno nun par de ocasións pero as ideas non eran moi claras. Fran tivo unha boa ocasión pero Costa abortouna na súa saida. O gardameta sofanista fixo unha gran parada a lanzamento de falta de Victor, e pouco despois chegou o gol de Bertín. A defensa da SD non tiña a súa tarde e regalou un par de ocasións os visitantes, que non souberon aproveitar. Entre bostezos chegouse ó descanso.

A SD saiu mellor no segundo tempo e durante a primeira media hora levou o peso do partido, apretando mais no centro do campo e saido con ataques rapidos. Jacobo estivo a piques de marcar nun disparo dende fora da area, e Berti tivo a mais clara da tarde tras desfacerse dun rival, pero o seu remate saiu alto. O Pindo reclamou penalti por mans inexistentes de Roberto, e Costa completou unha boa actuación, impoñendose nos ultimos minutos no xogo aereo e dando gran seguridade á defensa. Jacobo e Varela tiveron a última dos locais pero a defensa do Pindo rexeitou os seus remates. Traballado e sufrido triunfo da SD, que suma a segunda victoria á espera de que se vaia recuperando a xente e o mister Baña poida dispoñer de todo o plantel.









jueves, septiembre 09, 2010

JOSE RAMON RECUPERASE DA SÚA LESIÓN

Na habitación 408 do Hospital San Rafael , con vistas á praia de Santa Cristina, ocupa lugar Jose Ramon Rodriguez Fariña. A situación sería idílica de non ser porque o xogador está deitado, cunha perna escaiolada e sen poder moverse. A tibia rota, pero a moral polas nubes. Desexando abandoar o hospital recíbenos Jose, coa súa habitual sonrisa e bo humor, parece que ajeno ó feito de que estará uns tres meses sen ocupar posto baixo os paos da SD, o seu lugar natural.

¿Como te atopas?
Encontrome ben, pero doeme un pouco a perna, o normal, cando rompes a tibia.

¿que che pasa pola cabeza nestes días solitarios no hospital?
Teño ganas de sair de aqui, que esto é moi aburrido. Procuro non pensar no partido porque o recordo é malo. Agradezo moito as visitas que tiven e sobre todo as de Suso, o preparador físico, que todos os días se pasou unha horiña por aqui a facerme compañía.

Sabes que che espera unha dura recuperación.
Si, espero que sexa mais corta do previsto, quero volver o antes posible, ainda que ata entrado o 2011 posiblemente non esté en condicións de xogar

¿Como recordas a xogada?
Con moito dolor, case prefiro non recordala. Rechazei o balon e choquei co dianteiro e xa vin que algo malo pasara, a verdade é que non teño ganas de volver a pasar por iso. Se tivera chapado o balón de primeiras non me tería lesionado, iso está claro.

Solo pasaron uns días e o equipo xa te bota de menos, pero agora é o turno de Costa e Carlos ¿que lles dirias?
Carlos ainda está lesionado, así que toda a responsabilidade da portería recae en Costa. Espero que teñan sorte, polo ben deles e do equipo, e confío en que o van a facer ben, pois son grandes porteiros.

lunes, septiembre 06, 2010

PORTEÑO 0 - S.D. SOFAN 2

Cara victoria a de onte no Hnas. Patiño camariñán: a SD trouxo os tres puntos para Sofán pero perdeu a Jose Ramón para tres meses. O gardameta chocou de maneira fortuita con un dianteiro local e sufriu unha rotura parcial de tibia. O xogador foi levado o rematar o partido ó Hospital San Rafael onde permanecerá ingresado por varios dias, a pesar de non precisar operación.

PORTEÑO C.F. - Asiel, Chino, Rubén, Manuel, Asturiano, Pastoriza, Ivan Chans, Ivan, Piti, Sergio Varela e Iago.

S.D. SOFAN - Jose R. (Costa 63´), Roberto Souto, Gende, Juanjo, Oscar Pardo (Pensado 85´), Mario Casal, Pizo, Diego, Adrian, Bertin (Berti 77´), Jacobo (Manolo Varela 69´)

ARBITRO - Sanchez Lago, que amonestou a Sergio Varela por parte local, e a Mario e Oscar por parte visitante.

GOLES:
0-1 36´Gran pase de Jacobo á espalda da defensa e Bertin define con un disparo forte e axustado.
0-2 74´Balon e profundidade a Adrian que gana por velocidade á defensa e define con tranquilidade ante Asiel.

Saiu moi forte a SD, a pesar do calor reinante. Dominou o balón nos primeiros minutos e generou un par de boas ocasións de gol, sobre todo unha de Bertin que diante do meta non foi quen de definir. Os de Sofán rondaban a area local pero a defensa do Porteño mostrouse contundente. A presencia de Pastoriza no centro do campo local empezouse a notar a partir da media hora, e sobre todo tras o gol de Bertin viñeron os mellores momentos locais. Os de Litos ganaron a espalda á defensa da SD en un par de ocasións e a piques estiveron de marcar Iago e Piti.

Estivo mellor o Porteño no segundo tempo, acosando a meta de Jose, que se mostrou seguro nas suas accións, sobre todo na xogada da lesión, repelendo un disparo de falta de Pastoriza e o posterior rexeite a bocajarro. A mellor ocasión do Sofán foi un disparo en vaselina de Jacobo que Asiel sacou milagrosamente en doble intervención. A SD xogou moi replegada e non tivo precisión na saida, pero o gol de Adrian sentenciou o encontro e dou a tranquilidade necesaria ós de Baña , que de ahi ó final dispuxeron de un par de boas contras para aumentar o marcador.

jueves, septiembre 02, 2010

A S.D. SOFAN EN DON GIMNASIO


Remata a temida pretempada, cuberta polo equipo de Baña con malos resultados pero bo traballo de fondo. E toca destacar neste blog a colaboración nas sesións de traballo de forza e potencia de DON GIMNASIO, dirigido polo gran Guillermo, que nos cedeu con absoluta amabilidade as instalacións para que o preparador físico Suso se sentise ás súas anchas e machacase ós xogadores. Vemos unhas instantaneas da última sesión de adestramento con vistas ó partido inicial de liga a xogar no Hermanas Patiño de Camariñas contra o PORT

martes, agosto 31, 2010

ELOY DESPIDESE DA S.D.

Chegou fai catro anos ó Carral. Despuntara nas categorías inferiores do Bergantiños pero non tiña oco no primeiro equipo e o Sofán abriulle as súas portas. Dende o primeiro momento mostrou a súa calidade e fixose co cariño do vestiario. Tras moitas aventuras e vivencias o paxaro voa do niño en busca de novos retos. O destino é Dumbría. Eloy Cabeza Varela xa non xoga na SD Sofán.

¿foi dificil tomar a decisión de abandonar o Carral?
Costoume moito.Son moitos os vinculos que me unen ó Sofán: familiares,amistades,cercania...e tiven un veran bastante movido para decidirme pero o final creo que tomei a decision correcta xa que a de Dumbria era unha boa oportunidad para prosperar algo, por ser unha categoria mais e un equipo,que polo que lle vin aspira a todo este ano.De todo se aprende e creo que me virá ben probar ali.

¿cal é o recordo imborrable que lle contarás a todo o mundo da tua etapa na SD?
Pois de partidos puntuales,veñenme a cabeza ahora mismo unha eliminatoria da copa da costa contra o Ponteceso polo intenso que fora e porque despois de ir perdendo 2-0 e vernos fora empatamos a eliminatoria,ainda que o final quedaramos eliminados;tamen outro partido co Ponteceso de protagonista no que ganamos no pinguel 2-4 e puxemonos 2ºs a 2 puntos deles faltando a 2ª volta por xogar,fixonos ver q podiamos loitar por todo ese ano ainda que o final non completaramos a remontada e desinflaramonos na 2ª volta;os derbys contra o San Lorenzo sempre son especiales... ou que un dia xogamos nevando este ano!!

¿do que deixas atras que é o que mais vas a botar de menos?
Eu creo que o dia a dia.Saber que cando arrancabas de casa para entrenar te ibas encontrar xente coa que,o mesmo tempo desde a seriedad e compromiso, divertiaste entrenando, xogando e compartindo mais cousas con eles fora do futbol.
Tamen votarei de menos as maginificas churrascada e comilonas que nos facia a directiva, que sempre ofrecia un trato sencillo e familiar.

¿que esperas desta nova etapa en Dumbría?
Pois espero que me sirva para aprender tanto no futbolistico como no personal, xa que conocer un novo vestuario,nova xente, etc...sempre sirve para facerte como persona.No deportivo , o ano pasado quedaron 6ºs e este ano espero que tamen estemos entre o grupo de arriba.

¿como ves a situación actual do teu ex-equipo?
Penso que hai equipo de sobra para estarlle peleando o ascenso o Ponteceso,Camariñas,Castriz,Malpica...Hai unha moi boa mezcla de veterania ,con ganas de facelo ben e traballar, e xuventude, co que deberia ser un equipo moi dificil de bater e que como se poña por diante no marcador débese facer valer,encarando os partidos sen preocuparse dos rivales que ten enfrente.
Ainda que a pretemporada non empezara ben en canto a resultados, non ten que ser unha preocupacion xa que ahora non é eso o que importa,se non prepararse ben fisicamente para todo o ano.

Dille algo á afección da SD a modo de despedida
Pois simplemente no persoal darlle gracias polo apoio e axuda durante estos anos e que nunca se sabe cando se poden volverán a reecontrar os nosos camiños.Que sigan animando e apoiando en todo o que poidan a SD porque tamen son parte do equipo e coa labor de todos chegarán exitos e alegrias,para seguir disfrutando do futbol.

lunes, agosto 30, 2010

S.D. SOFAN 1 - CARRAL 4

Acabou unha floxa pretempada a SD caendo derrotada con claridade polo equipo de Carlos ALberto no campo do Carral. Os visitantes mostraronse como un gran equipo, presionando dende o principio e sin conceder opción ós de Baña. Alineou a SD a:

SD SOFAN - Jose R. (Costa), Roberto Souto, Pablo (Oscar Pardo), Juanjo, Gende (Manolo Varela), Mario, Pizo, Adrian, Diego, Berti e Bertin (Jacobo)

Xa nos primeiros minutos nunha xogada de estratexia se adiantou o Carral. Raul rematou no segundo pao un corner peinado por un compañeiro. A SD veuse abaixo moi pronto e viase incapaz de chegar con perigo á meta visitante. Estes, xogando con tres dianteiros natos, apretaban e roubaban con prontitude, creando claras ocasións de perigo. O segundo tanto, en propia porta para maior escarnio, non tardou en chegar, e retiraronse os equipos ó vestiario cunha sensación de desconcierto por parte do conxunto local.

No segundo tempo comezou arriscando a SD, con tres defensas e presionando un pouco mais arriba. Crearonse algunhas ocasións de perigo pero as contras visitantes foron mortais. Asi David Varela puxo o terceiro gol no marcador, e ainda que Mario Casal anotou o gol da honra, o propio David Varela levou o cuarto ás mallas. Quedou unha sensación nos de Baña que todavia queda moito por facer, a unha semana do inicio da liga. O próximo domingo PORTEÑO - SD SOFAN, primeiro partido do campionato.

jueves, agosto 26, 2010

A SD 4ª CLASIFICADA NO TORNEO DO SILVA

Malo foi o fin de semana en canto a resultados para a SD. Nas xornadas de sabado e domingo o Sofán non foi quen de dar a medida das suas posibilidades e caeu derrotado de maneira clara e contundente nos dous encontros. O torneo, de un nivel bastante alto, levouno o Imperator. O Silva de Javier Bardanca, que na semifinal contra o Club do Mar se mostrou como un gran equipo, non puido na final ante o dinamismo e a contundencia a balón parado dos de Barral, que triunfaron no torneo con duas goleadas. Os resultados foron os seguintes:

SEMIFINAIS: Imperator 4 - SD SOFAN 1 / Club Silva 3 - Club do Mar 0
CONSOLACION: Club do Mar 2 - SD SOFAN 0
FINAL: Imperator 4 - Club Silva 1

O sábado xogou a SD contra o Imperator. Alineou Baña a : Jose R., Roberto Souto (Manolo Varela), Oscar (Pablo), Miniño, Gende (Juanjo), Juan Rabuñal, Pizo, Mario, Jacobo, Diego e Berti. A primeira media hora foi de dominio alterno, e dispuxo Diego da mellor ocasión para marcar. Pero en cinco fatidicos minutos os coruñeses anotaron dous tantos antes do descanso por medio de Peralta e Baña. Esto desmoralizou á SD, e unido ó baixo nivel físico que presentan a estas alturas, motivou que o segundo tempo fora un paseo para o Imperator, que se dedicou a mover o balón ata encontrar ocos. Jacobo a pouco do final marcou o tanto da honra.

Na xornada dominical a SD alineou a Jose R., Pablo, Juan Rabuñal, Juanjo, Miniño, Manolo Varela (Gende), Diego, Jacobo, Oscar (Suso), Adrian e Berti. As baixas eran mais numerosas ainda que o día anterior e os de Caion foron moi superiores, chegando incluso a marrar un penalti por medio de Tonecho. Jorge á saida de un corner no primeiro tempo, e Brais nunha contra no segundo puxeron o marcador final. A SD mostrouse impotente en todo momento para chegar á area do Club do Mar con perigo e apenas creou ocasións.

viernes, agosto 20, 2010

A S.D. SOFAN NO TORNEO DO SILVA


Este fin de semana disputase no campo coruñés da Grela I o torneo organizado polo Silva SD, clube que compite na 2ª Autonómica. A SD Sofán disputará a primeira semifinal mañán a partires das 17 horas contra o Imperator, equipo ó que ven de enfrontarse o pasado fin de semana. A outra semifinal disputarana o equipo organizador contra o Club do Mar de Caion. As finais disputaranse o domingo a partir das 17 horas.

O Silva SD está dirixido por un vello coñecido da liga da Costa, JAñadir imagenavier Bardanca, e na súa formación, clara favorita para o ascenso a 1ª Autonómica, figuran outros non menos coñecidos da afección sofanista, coma os ex-pontecesáns Barca, Cano, Salva, Miguel Martinez, Carlos Rey ou Adrian. Está no aire a presencia do ex-deportivista David Fernandez Miramontes, que adestra co equipo por estas datas. A SD Sofán quedou gratamente sorprendida ó recibir unha comunicación por escrito invitandonos a participar neste IV memorial Esteban Lareo, no que xa participou fai 2 anos perdendo na final contra o Sin Querer.

lunes, agosto 16, 2010

S.D. SOFAN 1 - IMPERATOR 1

O sabado pola tarde baixo un incesante calor, igualou a SD ante os coruñeses do Imperator, equipo adestrado polo ex-cercedense Barral, que xoga en 1ª Autonómica. Foi boa a imaxe da SD, que levou o peso do encontro en todo momento. Alineou David Baña a:

SD SOFAN - Jose R., Adrian Garcia, Juanjo (Gende), Juan Rabuñal, Miniño, Pensado (Manolo Varela), Pizo (Jacobo), Bertin, Diego (Oscar Pardo), Berti e Mario Casal.

GOLES:
0-1 12´Erro na entrega da defensa da SD, Diego rouba o balón e bate dende o borde da area a Jose R.
1-1 44´Pase en profundidade a Berti, o gardameta visitante adiantase ó dianteiro e despexa o balón, que lle cae a Diego quen sen parar engancha un zurdazo que entra como un obus na meta do Imperator.

A presencia de Pizo e Pensado no mediocentro doulle o control do balón á SD. O erro inicial que costou o gol non mermou a capacidade combinativa dos de Baña, que entraron unha e outra vez, sobre todo pola banda dereita, onde Mario e Bertín combinaban con acerto, ainda que se estivo algo escaso de remate. Foi Diego o que disparou dende lonxe un par de veces antes de acertar co gol. Moi positiva foi a aportación de Adrian no lateral dereito, posto que non lle é descoñecido e no que se desenvolveu con garantías.

O segundo tempo estivo condicionado polo baixón fisico de ambos equipos, que seguiron apostando polo bo fútbol pero con menos presencia de cara a gol, pois as defensas estiveron en todo momento a bo nivel. A nota negativa foi a lesión de Pensado, que tivo un pequeno esguince de tobillo, e de Carlos Tojeiro, que se resentiu dunhas molestias no quencemento.

lunes, agosto 09, 2010

S.D. SOFAN 1 - VIZOÑO CF 3

Levou o Vizoño o Trofeo das Festas de Sofán, mostrandose como un gran equipo e brindando un bo espectáculo ós 170 espectadores que se acercaron ó Carral. Trade moi calurosa, na que a SD mellorou con respecto a anteriores encontros, non desmereceu ante un rival de superior categoría e mostrou pinceladas do que pode ser o equipo este ano na Liga da Costa. Foi unha pena o penalti marrado por Mario co marcador en 1-2 a pouco do final, que conduciría a unha hipotética tanda de penas máximas. Alineou a SD a:

SD SOFAN - Costa, Roberto Souto (Manolo Varela), Oscar Pardo (Pablo), Juan Rabuñal (Javi), Gende (Miniño), Pensado, Dieguito, Adrian García, Bertín, Berti (Juanjo), Mario Casal.

VIZOÑO CF - Pablo, David Castro, Pedro Pan, Domingo, Nacho, Jorge, Ruben, Adrian, Raul, Juan e Miguel. Tamen xogaron Samuel, David, Jairo, Abel, Vicente, Angel.

GOLES:
1-0 42´Saque de banda de Juan Rabuñal que Roberto Souto remata de cabeza ó fondo das mallas.
1-1 47´Falta de entendemento da defensa que aproveita Abel para marcar de contundente volea
1-2 75´Jairo de disparo axustado dende fora da area
1-3 90´Abel tras un contragolpe


Dominio alterno no primeiro tempo, onde a pesar da forte calor reinante os equipos tocaron ben pero sen crear demasiado perigo. A SD, con Pensado e Juan ó mando das operacións, tentaba buscar a Adrian e Bertin en bandas, pero a defensa do Vizoño, co veterano Domingo como kaiser, contiña ben os ataques locais. O dianteiro visitante Raul era o que creaba perigo na area de Costa, e un remate seu foi enviado a corner por un defensa local. Outra xogada do perigoso dianteiro rematou con un libre indirecto dentro da area que desaproveitaron os de Ito. A piques de chegar ó descanso o gol da SD nunha xogada de estratexia animou ó parsimonioso público no dia de onte.

Sen embargo saiu a Sd un pouco descentrada no segundo acto, e pronto empatou o Vizoño. Os cambios deronlle mordiente os visitantes, sobre todo o trio atacante Abel - Jairo - Vicente. O segundo tanto foi consecuencia do mellor xogo visitante. Reaccionou a Sd pouco a pouco e tivo uns minutos inspirados, con grandes xogadas de Bertin, Mario ou Adrian, que remataron no penalti marrado por Mario. O propio dianteiro cedeu a Diego que non foi capaz de superar ó meta visitante na sua saida. Un tiro de Juan foi o preludio do terceiro e definitivo gol, que mandou o trofeo a Vizoño de maneira merecida, a pesar de que os locais deron unha boa imaxe.

sábado, agosto 07, 2010

S.D. SOFAN 2 - SAN MARTIÑO 2

Na noite do venres disputou a SD o seu terceiro amigable da pretempada ante o conxunto da Silva, o San Martiño, dirixido polo arteixán Toño. Tarde calurosa e terreo de xogo en impecable estado. Alineou a SD a:

SD SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto ( Manolo Varela), Oscar Pardo, Gende (Juanjo), Juan Rabuñal, Pensado, Diego (Javi), Mario Casal, Adrian Garcia (Pizo), Bertin e Pablo (Berti)

GOLES: 1-0 57´Boa xogada por banda que remata nun centro de Mario enviado ó fondo das mallas por Berti.
2-0 65´Mario Casal anota a bocajarro
2-1 75´Javi Gonzalez de falta directa
2-2 86´Falta botada por Javi Gonzalez ó longueiro e o rexeite aproveitao Marcos para anotar a porta valeira


Tipico partido de pretempada, de ritmo baixo e moita imprecisión. O San Martiño deixou unha moi agradable impresión, presentando ó seu flamante fichaje o ex-bergantiñán Javi Gonzalez, que demostrou a súa clase. A SD nunca atopou o camiño da porteria no primeiro tempo, e so Mario foi quen de disparar a porta na mais clara ocasión do partido. Os visitantes plantaronse ben defensivamente e enlazaron perigosas contras, ainda que sen demasiado perigo.


No segundo tempo o encontro abriuse e chegaron os goles. Nos mellores momentos combinativos dos locais, anotaron dous tantos que parecia que os ian facer vencedores do encontro, pero os da Silva non baixaron os brazos e a ultima media hora foi por completo deles, levando o peso no centro do campo e inquedanto a Carlos numerosas veces. Foron duas xogadas a balón parado as responsables dos goles visitantes, e a SD non reaccionou en ningún momento, mostrando que falta moito todavía para atopar o punto de forma ideal para a tempada que se aveciña.

jueves, agosto 05, 2010

CALENDARIO 2010/2011

Xa é oficial o calendario da tempada que está a piques de comenzar. O caprichoso bombo deparou para a primeira xornada a disputar o 5 de setembro un Porteño - SD Sofan. Todavía non está claro o campo onde se disputará o encontro, ainda que posiblemente sexa o Hermanas Patiño de Camariñas o recinto elixido. O resto da xornada é como segue:


Jornada 1 - 05/09/2010
Ponteceso - Castriz
San Lorenzo - Camariñas
Malpica - Carnota
Esteirana - Club do Mar
Fisterra - Muros
O PIndo - VImianzo
Buño - Dumbria B
Baio - Corme

Para a SD o calendario completo é
1. Porteño - SD
2. SD - O Pindo
3. Fisterra - SD
4. SD - Esteirana
5. Malpica - SD
6. SD - San Lorenzo
7. Ponteceso - SD
8. SD - Castriz
9. Camariñas - SD
10. SD - Carnota
11. Club do MAr - SD
12. SD - Muros
13. Vimianzo - SD
14. SD - Baio
15. SD - Dumbria B
16. Corme - SD
17. SD - Buño

miércoles, agosto 04, 2010

CABANA 1 - S.D. SOFAN 3

O pasado sábado disputou a SD o 2º partido de pretempada no campo das Redondas de Cabana. Venceu con comodidade ó cadro local, dirixido por Chema Eiris e que contaba coa novidade do ex-sofanista Suso Docampo, que anotou un gol o día da súa presentación. Xogou a SD con:

SD SOFAN - Carlos Tojeiro (Costa), Roberto Souto (Manolo Varela), Diego (Oscar Pardo), Gende (Pensado), Juan Rabuñal, Aleman, Pizo (Leo), Mario Casal, Jacobo (Adrian), Bertin (Pablo) e Berti.

GOLES: 0-1 17´Gran xogada de equipo que remata nun centro de Jacobo que Mario transforma.
0-2 26´Remate de Berti dende fora da area que se cola pola escadra.
1-2 43´Suso gana a espalda a defensa e define como nel é habitual.
1-3 71´Internada de Adrian por banda cedendo a Jacobo que marca de gran remate.

O Cabana plantouse ben no primeiro tempo, cedendo o dominio do balón ós de Baña. Estos tocaron ben pero costoulles atopar ocos. Un par de pases longos de Juan permitiron sendas ocasións de Jacobo, e na 3ª que tivo cedeu para que Mario anotara. O propio centrocampista tivo unha clarisima ocasión pero entretívose moito co balón. Co paso dos minutos a presion dos locales disminuiu e apareceron as boas xogadas visitantes, que completaron un primeiro acto de merito, cos tres mediocentros dominando o xogo.

O segundo foi de menor calidade. Cos cambios e o vento en contra a SD baixou o ritmo e non atopou fluidez no xogo. Ainda asi Adrian entrou moi ben pola banda dereita e xenerou varias ocasións de gol. O Cabana adiantou a súa liña de presión complicando moito a saida de balón visitante, e os xóvenes xogadores locais mostraron desparpaxo e lograron enlazar boas xogadas, chegando a estrelar un balón no pao longueiro.

Satisfactoria proba a de Cabana, á espera do fin de semana das festas de Sofán, onde o viernes nos visitará o San Martiño da Silva, e o domingo o Vizoño.

jueves, julio 29, 2010

S.D. SOFAN 0 - BERGANTIÑOS C.F. 1

Primeiro partido de pretempada da SD, en tarde soleada e calurosa no campo do Carral, que presentaba un aspecto estupendo tanto o terreo de xogo como no graderío, onde unhas 100 persoas viron o triunfo do equipo de Manolo Bardanca.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Oscar Pardo, Gende (Juan Rabuñal), Miniño, Pensado (Pizo), Manolo Varela (Javier), Diego (Pablo), Bertin, Adrian e Jacobo (Berti).

BERGANTIÑOS C.F. - Dario, Valencia, Pipo, Becerra, Fiuza, Eiroa, Manu, Vigo, Fernando, Ramon e Josiño. Tamén xogaron Yañez, Ivan Rey, Ivan Amor, Gonzalo, Eloy, Adrian, Alex Canedo, Pablo, Rivas, Madrigal, Moreira, Deus e Casal.

ARBITRO: España Andrade

GOL: 0-1 71´ Gran servicio de Deus que Moreira remata de cabeza á rede.

Viuse no Carral un primeiro tempo igualado, con un equipo local ben plantada no terreo de xogo, cedendo a posesión da pelota ó Bergantiños, e tentando sair á contra con velocidade. Adrian e Bertin estiveron rápidos e incisivos nas bandas, provocando perigo nas primeiras acometidas. A lóxica superioridade técnica dos de Carballo tiña pouco valor ante a seriedade da defensa local e o estreito do terreo de xogo. As ocasións foron escasas e o ritmo baixo, algo normal cando só vai un dia de entrenos. Tivo Bertin a ocasión mais clara cerca do descanso cando roubou un balón á defensa visitante pero disparou mansamente ás mans de Dario.

Cos cambios no segundo tempo acrecentouse o dominio visitante. Destacar o debut do ídolo do Carral Eloy coa casaca do Bergantiños. O rapaz estivo bastante ben e tivo as suas ocasions para marcar, ainda que non conqueriu o ansiado tanto. Anulouselle un gol neste periodo ó visitante Adrian por fora de xogo, e foi unha combinación entre Deus e Moreira a que decidiu o envite.

O sabado continua a pretempada da SD, visitando As Redondas para enfrontarse ó Cabana a partires das sete da tarde.

sábado, julio 24, 2010

S.D. SOFAN 2010/2011

Na tarde noite de onte presentouse a SD Sofán no campo do Carral. Nun acto sinxelo o adestrador Baña dirixiuse ós seus homes recalcando os valores polos que se ven movendo a Sd nos ultimos anos: traballo e humildade. Presentaronse as dúas novidades para esta tempada, o veterano Juan Rabuñal e o preparador físico Suso. Este último ven a completar o cadro técnico que estará composto ademais polo mencionado Baña e o adestrador de porteiros Carlos Subiela.
Despois do primeiro adestramento da tempada os sofanistas disfrutaron dunha opipara cena no propio campo.

Faltaron á cita Eloy, que o lunes comeza a pretempada co Bergantiños de Manolo Bardanca, os gardametas Jose R. e Costa, de vacacións, Gustavo Eiris, por ocupacións personais, e Suso Docampo.

A SD iniciará os adestramentos o vindeiro luns e o mercores chegará o primeiro amistoso, no campo do Carral ás 20.00 horas contra o todopoderoso Bergantiños CF. O calendario de amistosos é o que segue:

28 de julio: SD SOFAN - Bergantiños CF
31 de julio: Cabana - SD SOFAN
6 de agosto: SD SOFAN - San Martiño
8 de agosto: SD SOFAN - Vizoño, no TROFEO DAS FESTAS
11 de agosto: Cerqueda - SD SOFAN (por confirmar)
14 de agosto: SD SOFAN - Imperator
21-22 de agosto: Trofeo do Silva, coa participacion da SD, Silva, Imperator e Club do Mar.
28 de agosto: SD SOFAN - Carral


DATOS DO CLUBE:

ANO DE FUNDACION - 1979
PRESUPOSTO - 21.500 €
SOCIOS - 509
CAMPO DO CARRAL

PLANTEL PARA A TEMPADA 2010/2011

PORTEIROS
JOSE RAMON Rodriguez Fariña - 22 anos - 4ª tempada no clube
CARLOS Tojeiro - 36 anos - 3º tempada no clube
Alejandro COSTA - 26 anos - 5ª tempada no clube

DEFENSAS
Marcos GENDE Periscal 28 anos - 5ª tempada na SD Sofan
GUSTAVO Eiris Becerra 28 anos - 13ª tempada na SD Sofan
JUANJO Rey Arijon 33 anos - 12º ano na SD Sofan
OSCAR Pardo Rey 32 anos - 4º ano na Sd
DIEGO Fernandez Santos 26 anos - 3º ano na Sd
Jesus MINIÑO 34 anos - 2º ano na Sd
Roberto SOUTO Garcia - 28 anos - 2º ano na Sd

CENTROCAMPISTAS
David Arijón Vigo, PIZO 26 anos - 5º ano na SD
ADRIAN Garcia Varela 23 anos - 4º ano na SD
Jose Alberto PENSADO Eiroa - 33 anos - 2º ano na SD
Manuel VARELA Añon - 33 anos - 6º ano na SD
JUAN Jose Rabuñal Diaz - 35 anos - FICHAXE PROCEDENTE DO AT. ARTEIXO.
Jose Antonio Gesto Regueiro "ALEMAN" 27 anos - 2º ano na SD

DIANTEIROS
MARIO Casal Rellan - 29 anos - 3º ano na SD
BERTIN Abelenda Cabeza 25 anos - 5º ano na SD Sofan
Alberto Lorenzo Suarez, BERTI 25 anos - 4º ano na SD
JACOBO Boedo Novo - 25 anos - 2º ano na SD

viernes, julio 16, 2010

PRIMEIRAS NOVAS DA TEMPADA 2010/2011

Tras sair reelexida a xunta directiva da SD, puxose a traballar de maneira febril e veñen de cerrarse dúas negociacións que estaban en curso durante este mes.


A primeira delas atañe ó adestrador DAVID BAÑA, que ven de renovar por un ano mais a sua relación co clube do Carral. O acordo foi rápido, a pesar de que Baña tiña varias ofertas enriba da mesa. A intención tanto do adestrador coma do clube é de cerrar con éxito o ciclo de tres anos que se iniciou na tempada 08/09.
Recordemos que David Baña ven de situar ó clube na súa mellor clasificación histórica, a 3ª praza da tempada pasada. O seu incansable traballo indudablemente da os froitos apetecibles, e a directiva tomou a decisión case sen pensalo.


O mesmo tempo, de maneira case paralela, cerrou a SD a primeira incorporación para o plantel que se aveciña. Juan José Rabuñal Diaz, coñecido futbolisticamente como JUANJO, cambiarase no vestiario do Carral durante este ano.
O xogador, afincado persoalmente en Carballo, nado o 18/12/74 en Coruña, ten unha dilatada experiencia en categorias superiores. A súa traxectoria ven marcada polo At. Arteixo, clube no que militou case 14 anos. Nesta entidade tivo os seus momentos de maior gloria, como aquel do ascenso a 2ª B no Carlos Tartiere, ainda recordado na volta. Tamen militou no Bergantiños en 3ª División e no Montañeros duas tempadas, conquerindo o ascenso a 3ª co clube coruñés. A polivalencia e intensidade de Juanjo son quizais os principais factores da sua contratación. O zurdo actúa indistintamente en posicións de retaguardia e no centro do campo, o que lle da a Baña un abanico de opcións moi interesante. Desexámoslle sorte nesta a súa primeira experiencia na Liga da Costa.

martes, julio 13, 2010

RENOVADA A DIRECTIVA DA S.D.

O pasado viernes renovouse a directiva da S.D. Sofán nun acto que tivo lugar no Centro Social da parroquia, ó que acudiron escasamente 25 socios, e no que se presentou unha candidatura única que tivo un apoio maioritario.

Tócanos ser críticos dende este blog coa masa social da SD, composta por mais de 500 socios, que tanto na cita de fai unha semana coma na de este viernes, non se interesaron pola situación do clube, non sabemos si por comodidade ou por estar conformes coa actual xestión. Dende logo algo é moi claro: o clube é dos socios, e son eles os que teñen que decidir o camiño que queren que tome. A actual directiva, con algunha persoa que leva mais de 12 anos traballando para o clube, seguirá coa mesma ilusión de sempre, buscando a continuidade dunha dirección ascendente, pero consciente de que se precisa mais implicación da xente que lle quere de verdade ó clube. Esperamos as vosas ideas e apoios.

No orde meramente burocrático, Liso Docampo foi reelixido como presidente do clube. A composición da directiva actual é a seguinte:


PRESIDENTE: Eliseo Docampo Suárez.
VICEPRESIDENTE: Juán José Rey Arijón.
SECRETARIO: Marcos Gende Periscal.
TESORERO: Manuel Varela Añón.
VOCALES: Carlos Tojeiro Doldán, José Cabeza García, Jose Varela Bello, José Luis Pena Abelenda, José Manuel Mariño Rojo, José Alberto Lamas Vilariño.