viernes, julio 16, 2010

PRIMEIRAS NOVAS DA TEMPADA 2010/2011

Tras sair reelexida a xunta directiva da SD, puxose a traballar de maneira febril e veñen de cerrarse dúas negociacións que estaban en curso durante este mes.


A primeira delas atañe ó adestrador DAVID BAÑA, que ven de renovar por un ano mais a sua relación co clube do Carral. O acordo foi rápido, a pesar de que Baña tiña varias ofertas enriba da mesa. A intención tanto do adestrador coma do clube é de cerrar con éxito o ciclo de tres anos que se iniciou na tempada 08/09.
Recordemos que David Baña ven de situar ó clube na súa mellor clasificación histórica, a 3ª praza da tempada pasada. O seu incansable traballo indudablemente da os froitos apetecibles, e a directiva tomou a decisión case sen pensalo.


O mesmo tempo, de maneira case paralela, cerrou a SD a primeira incorporación para o plantel que se aveciña. Juan José Rabuñal Diaz, coñecido futbolisticamente como JUANJO, cambiarase no vestiario do Carral durante este ano.
O xogador, afincado persoalmente en Carballo, nado o 18/12/74 en Coruña, ten unha dilatada experiencia en categorias superiores. A súa traxectoria ven marcada polo At. Arteixo, clube no que militou case 14 anos. Nesta entidade tivo os seus momentos de maior gloria, como aquel do ascenso a 2ª B no Carlos Tartiere, ainda recordado na volta. Tamen militou no Bergantiños en 3ª División e no Montañeros duas tempadas, conquerindo o ascenso a 3ª co clube coruñés. A polivalencia e intensidade de Juanjo son quizais os principais factores da sua contratación. O zurdo actúa indistintamente en posicións de retaguardia e no centro do campo, o que lle da a Baña un abanico de opcións moi interesante. Desexámoslle sorte nesta a súa primeira experiencia na Liga da Costa.