lunes, septiembre 06, 2010

PORTEÑO 0 - S.D. SOFAN 2

Cara victoria a de onte no Hnas. Patiño camariñán: a SD trouxo os tres puntos para Sofán pero perdeu a Jose Ramón para tres meses. O gardameta chocou de maneira fortuita con un dianteiro local e sufriu unha rotura parcial de tibia. O xogador foi levado o rematar o partido ó Hospital San Rafael onde permanecerá ingresado por varios dias, a pesar de non precisar operación.

PORTEÑO C.F. - Asiel, Chino, Rubén, Manuel, Asturiano, Pastoriza, Ivan Chans, Ivan, Piti, Sergio Varela e Iago.

S.D. SOFAN - Jose R. (Costa 63´), Roberto Souto, Gende, Juanjo, Oscar Pardo (Pensado 85´), Mario Casal, Pizo, Diego, Adrian, Bertin (Berti 77´), Jacobo (Manolo Varela 69´)

ARBITRO - Sanchez Lago, que amonestou a Sergio Varela por parte local, e a Mario e Oscar por parte visitante.

GOLES:
0-1 36´Gran pase de Jacobo á espalda da defensa e Bertin define con un disparo forte e axustado.
0-2 74´Balon e profundidade a Adrian que gana por velocidade á defensa e define con tranquilidade ante Asiel.

Saiu moi forte a SD, a pesar do calor reinante. Dominou o balón nos primeiros minutos e generou un par de boas ocasións de gol, sobre todo unha de Bertin que diante do meta non foi quen de definir. Os de Sofán rondaban a area local pero a defensa do Porteño mostrouse contundente. A presencia de Pastoriza no centro do campo local empezouse a notar a partir da media hora, e sobre todo tras o gol de Bertin viñeron os mellores momentos locais. Os de Litos ganaron a espalda á defensa da SD en un par de ocasións e a piques estiveron de marcar Iago e Piti.

Estivo mellor o Porteño no segundo tempo, acosando a meta de Jose, que se mostrou seguro nas suas accións, sobre todo na xogada da lesión, repelendo un disparo de falta de Pastoriza e o posterior rexeite a bocajarro. A mellor ocasión do Sofán foi un disparo en vaselina de Jacobo que Asiel sacou milagrosamente en doble intervención. A SD xogou moi replegada e non tivo precisión na saida, pero o gol de Adrian sentenciou o encontro e dou a tranquilidade necesaria ós de Baña , que de ahi ó final dispuxeron de un par de boas contras para aumentar o marcador.