jueves, agosto 26, 2010

A SD 4ª CLASIFICADA NO TORNEO DO SILVA

Malo foi o fin de semana en canto a resultados para a SD. Nas xornadas de sabado e domingo o Sofán non foi quen de dar a medida das suas posibilidades e caeu derrotado de maneira clara e contundente nos dous encontros. O torneo, de un nivel bastante alto, levouno o Imperator. O Silva de Javier Bardanca, que na semifinal contra o Club do Mar se mostrou como un gran equipo, non puido na final ante o dinamismo e a contundencia a balón parado dos de Barral, que triunfaron no torneo con duas goleadas. Os resultados foron os seguintes:

SEMIFINAIS: Imperator 4 - SD SOFAN 1 / Club Silva 3 - Club do Mar 0
CONSOLACION: Club do Mar 2 - SD SOFAN 0
FINAL: Imperator 4 - Club Silva 1

O sábado xogou a SD contra o Imperator. Alineou Baña a : Jose R., Roberto Souto (Manolo Varela), Oscar (Pablo), Miniño, Gende (Juanjo), Juan Rabuñal, Pizo, Mario, Jacobo, Diego e Berti. A primeira media hora foi de dominio alterno, e dispuxo Diego da mellor ocasión para marcar. Pero en cinco fatidicos minutos os coruñeses anotaron dous tantos antes do descanso por medio de Peralta e Baña. Esto desmoralizou á SD, e unido ó baixo nivel físico que presentan a estas alturas, motivou que o segundo tempo fora un paseo para o Imperator, que se dedicou a mover o balón ata encontrar ocos. Jacobo a pouco do final marcou o tanto da honra.

Na xornada dominical a SD alineou a Jose R., Pablo, Juan Rabuñal, Juanjo, Miniño, Manolo Varela (Gende), Diego, Jacobo, Oscar (Suso), Adrian e Berti. As baixas eran mais numerosas ainda que o día anterior e os de Caion foron moi superiores, chegando incluso a marrar un penalti por medio de Tonecho. Jorge á saida de un corner no primeiro tempo, e Brais nunha contra no segundo puxeron o marcador final. A SD mostrouse impotente en todo momento para chegar á area do Club do Mar con perigo e apenas creou ocasións.