viernes, abril 08, 2011

SUSO DOCAMPO VOLVE Ó CARRAL

Na tarde de onte firmou o compromiso que o unirá á SD ata final de tempada o histórico capitán sofanista SUSO DOCAMPO. Tras un paréntesis de unha tempada no Cabana, esta que acaba de rematar en 3ª autonómica, o dianteiro ven a reforzar o ataque do equipo de David Baña, reencontrandose cos que foron compañeiros ata o ano pasado. A volta do xogador, máximo goleador histórico da entidade, foi recibida con xúbilo por todos os sectores do clube, que desexaban que o dianteiro rematase a sua dilatada traxectoria co equipo dos seus amores. Suso, con moito fútbol ainda nas súas botas a pesar dos seus 32 anos, aportará ese olfato de gol que sempre o caracterizou. É posible que o xogador debute xa no partido de este fin de semana no Platas Reinoso de Baio, e mostrase optimista de cara á edición da Copa da Costa que esta a piques de comezar, ainda sendo consciente das dificultades que deparou o sorteo para os sofanistas. Dende estas páxinas non queda mais que decir: BENVIDO, CAPITAN.