lunes, abril 11, 2011

C.D. BAIO 1 - S.D. SOFAN 3

Partido tranquilo en Baio para a SD, que fixo efectivo o seu dominio territorial en duas contras xa finalizando o partido e levouse os tres puntos do Platas Reinoso, que lle permiten seguir optando á 3ª plaza final.

C.D. BAIO: Poyo, Matías, Diego, José Antonio (Fachal, min.20) (Martín xuv, min.80), Fermín, Mario, Alberto, Rubio, Jorge, Martín, MC, Canai.

S.D. SOFAN: Álex, Gende (Juanjo, min.75), Alberto Pensado, Miniño, Diego, Alemán, Jacobo (Mario, min.60), Adrián, David Pensado, Bertín, Suso Docampo.

Goles:
0-1, min.60: Corner que bota a SD, Bertin cede a Alberto Pensado que fusila a placer 1-1, min.70: Canai define pola escuadra ante a saida de Alex 1-2, min.85: Saida de balón da SD por banda dereita, Juanjo lanza un pase longo a Suso, que tenta ceder a Adrian, pero favorecelle o rexeite e marca 1-3, min.90: Contra da SD que culmina Bertín

Foi dominador do xogo o Sofán, movendo o balón con criterio ainda que con algo de lentitude. O Baio, que acusou os tres partidos nun fin de semana épico para eles, limitabase a esperar e buscar as contras. O seu único disparo a porta foi de falta directa, sin crearlle excesivos problemas a Alex. Pola contra, marrou a SD un par de boas ocasions, unha delas nun centro de Jacobo ó que non chegaron por pouco Suso e Bertin, e a mais clara, nunha gran xogada de calidade e forza de Bertin que disparon a rentes do pao.

No segundo tempo chegaron os goles. Os locais marraron un man a man de Canai, con Alex moi acertado baixo paos. Tras o gol de Pensado o Baio foise arriba e foron os seus mellores momentos, presionando ben e encerrando á SD na area, pero en duas contras os visitantes finiquitaron o partido. O re-debutante Suso Docampo mostrou o seu olfato goleador, e Bertin aproveitou para acercarse á cabeza da taboa do trofeo de goleadores.