lunes, abril 18, 2011

S.D. SOFAN 4 - DUMBRIA B 1

Tarde veraniega no Carral. Os poucos espectadores que se acercaron a ver ó filial dumbriés disfrutaron co xogo do equipo local, total dominador do encontro, e que por momentos realizou un fútbol de verdadeira categoría. O Dumbría B, unha das revelacións da tempada, non dou a imaxe esperada, falto de motivación e á espera da finalización do curso futbolístico mais que de outra cousa.A nota negativa foi a expulsión de Luisito a pouco do final. S.D. SOFAN: Miniño, Alberto Pensado, Juanjo, Gende (Mario, min.46), Alemán, Diego, Adrián (Roberto Souto, min.65), Luisito, Suso Docampo, Bertín, David Pensado. DUMBRIA B: Anxo, Sergio Cives, Tantán, David Carreira, Andi (Ramiro, min.60), Ivanete, Pablo Lestón (Carlos, min.60), Jose Manuel, Fernando, Josiño (Samuel, min.75), Rodrigo (José Carreira, min.46). Goles: 1-0, min.5: Pase longo de Juanjo a David Pensado que tras controlar na area engancha unha volea imparable 1-1, min.25: Saque de falta do filial e Pensado marca en propia meta de cabeza 2-1, min.55: Tremendo disparo de Suso Docampo dende fora da area que se cola pola escadra 3-1, min.65: Gran internada de Diego por banda e o seu centro rematao a gol Luisito co peito 4-1, min.75: Bertin aproveitando un balón na area co seu habitual oportunismo. Disfrutou o equipo de Baña co xogo na tarde de onte. E é que pronto se adiantou no marcador. Sempre remando a favor de corriente, as combinacions entre os homes de ataque xeraban perigo con facilidade. David Pensado, moi activo toda a tarde, tivo as primeiras ocasións. Luisito e Adrian entraban ben por bandas. O gol do empate só foi un accidente pois a verdade é que a SD marrou innumerables e clarisimas ocasións de gol nos primeiros 45 minutos, especialmente Bertin, que tivo alomenos 4 claras ocasións dentro da area pero non acertou coa porteria de Anxo. O segundo tempo foi mais do mesmo, cun equipo local combinando con precisión e sin apenas presion dos dumbrieses, so que neste acto entraron as ocasións e os goles foron caendo. A volta de Suso Docampo ó Carral selouse con un gran tanto, e Bertin esta vez si anotou o seu gol de todos os días. A saida de Mario deixouse notar, pois o centrocampista mostrouse con ganas de marcar pero sin estar acertado. A SD non quixo facer sangue pois ainda con un home menos puido anotar algún tanto mais.