lunes, abril 04, 2011

S.D. SOFAN 1 - CORME C.F. 2

Apatica tarde de calor no Carral, onde venceu o equipo que mais se xogaba, un Corme que plantexou o partido de maneira moi intelixente, tapando as vias de acceso á sua porteria e saindo en rápidas contras. A SD estivo moi espesa no seu xogo ofensivo, e solo foi capaz de anotar un tanto. Anulouselle un gol a Mario Casal a pouco do final por falta a Pandi - ver foto -




S.D. SOFAN - Alex, Diego, Miniño, Juanjo, Alberto Pensado, Aleman, Adrian, Jacobo - Luisito 46´-, Mario , Bertín e David Pensado.




CORME C.F. - Suso, Adolfo, Abel, Pandi, Lelo, Lentejo, Martinciño, Diego - Alejo 60´-, Martin - Dani 71´-, Alejandro e Iago - Lucas 79´-




ARBITRO: Mazaira Rodriguez, que amonestou a miniño, Pensado e Mario por parte local, e a Adolfo, Iago e Alejo por parte visitante.




GOLES:


0-1 12´ Rapida internada de Martin por banda dereita que remata cun gran disparo cruzado do extremo ante o que nada pode facer Alex




1-1 27´David Pensado recibe un gran pase largo de Miniño e define ante a saida de Suso




1-2 56´Pase longo a Martin que arrancando en posible fora de xogo bate a Alex na súa saida.




A SD non marcou un ritmo alto de xogo na tarde de onte e pagouno cunha derrota. O Corme de inicio saiu a encerrarse atras e fiar o seu ataque ás rapidas saidas de Iago e Martin. Tivo a primeira clara ocasión nunha falta lanzada por Lelo que bateu no pao longueiro da meta de Alex. Pouco despois deste aviso chegou o gol inicial de Martin. A SD amasaba o balón pero sin ningúnha claridade na súa ofensiva. Bertin marrou unha clarisima ocasión de gol diante da meta de Suso rematando fora un centro cando o mais facil parecia facer o gol. Chegou o gol do empate e pareceu que ata o descanso se controlou un pouco o partido.




No segundo tempo mais do mesmo. Inoperancia ofensiva local, e contra aproveitada polos visitantes para marcar o definitivo tanto. A saida de Luisito dou mais claridade pero o Corme cerrou de maneira exemplar os espacios, e en ultima instancia o meta Suso con un par de paradas meritorias a tiros lonxanos de Luisito e Adrian, puxo o candado a sua meta. O gol anulado a Mario foi a ultima da que dispuxo a SD, que realmente parece mais pendente do sorteo de copa desta tarde que do desenlace ligueiro.