martes, abril 26, 2011

NOVA FICHAXE PARA A COPA


Eduardo Miranda Torrecilla, coñecido futbolisticamente como EDU, é novo xogador da S.D.Sofán. O rapaz, de 18 anos de idade, disputou a tempada que acaba de rematar no Laracha juvenil ás ordes de Rubén Garcia. Edu xoga de extremo ou dianteiro, e caracterízase pola súa potencia e velocidade, así como por poseer unha bo nivel técnico que lle augura un gran potencial. Ven de anotar 25 tantos na liga xuvenil das Mariñas, sendo un dos xogadores destacados do equipo larachés. É o caso de Edu un episodio mais da boa relación existente entre a SD e o clube larachés, iniciada de maneira moi satisfactoria coa contratación do seu irmán Alex para a portería sofanista. O xogador debutará o sábado no partido de COPA DA COSTA a disputar no Carral ás 18.00 horas: S.D. SOFAN - SP. ZAS.

Primeira eliminatoria de copa na cumbre. Os homes de Baña non se fía nin un pelo do conxunto de Alvite, que a pesar do descenso de categoría, será un rival perigoso para os sofanistas. Como xogadores mais destacados dos zasenses podremos nomear ó seu gardameta Luis, ex do Carnota, Jorge Espasandín, Javi Suarez ou Kiko. A SD a bo seguro non poderá contar con Luisito, nin cos lesionados Juan Rabuñal e Jacobo. A presencia de Edu e Suso Docampo ven a enxugar de algunha maneira estas baixas.