lunes, febrero 28, 2011

CASTRIZ C.F. 0 - S.D. SOFAN 1

Traballada victoria da SD no dificil campo de San Pedro. A pesar das múltiples baixas o equipo de Baña dou a talla e puido dedicar esta importante victoria ós moitos afeccionados sofanistas que se acercaron a Castriz a animar ó equipo. Unha vez mais Miniño mostrou as súas cualidades como gardameta e foi un dos destacados do equipo.

CASTRIZ C.F. - Carlos, Chinda, Toniño, Alex, Alberto, Dani (Martin 79´), Cili, Bruno, Suso (Sergio Pose 65´), Ovidio (Ruben 71´) e Sebas (Mauri 80´).

S.D. SOFAN - Miniño, Roberto Souto, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Juanjo, Pizo, Mario Casal, Adrian (Aleman 89´), Jacobo (Manolo Varela 76´), Luisito (Gende 84´) e Bertin.

ARBITRO: Sanchez Lago, que amonestou a Bruno por parte local, e Roberto Souto, Pizo e Manolo Varela por parte visitante.

GOL:
0-1 81´Bertin cede a Luisito que dende fora da area engancha un gran disparo ante o que non pode facer nada Carlos.

Dominio visitante durante todo primeiro tempo. O balón estivo maioritariamente en poder dos de Sofán, pero o baixo ritmo de circulacion do esférico posibilitou que os de Huelvis de defenderan con comodidade. Ovidio e Sebas eran os referentes do ataque local, pero estiveron ben amarrados por unha segura zaga da SD. Os disparos dende fora da area eran a alternativa local, pero sin crear excesivos contratempos a Miniño. Pola contra a SD sumou algunha xogada de verdadeiro perigo: Mario internouse por banda e o seu disparo so diante do porteiro saiu cruzado, Luisito non soubo salvar a saida de Carlos tras un gran pase en profundidade de Juan Rabuñal, e un centro de Mario foi salvado in-extremis por un defensa local. Con pouco fútbol de calidade chegouse ó descanso.

No segundo tempo a SD tentouno con mais impetu, pero a defensa local aguantou ben as embestidas visitantes. Bertin e Luisito estiveron moi moviles, e Jacobo tivo un par de disparos que sairon fora por pouco. No momento clave apareceu a calidade do zurdo sofanista para dar os tres puntos. Foi enton cando o Castriz se volcou sobre a meta de Miniño, con mais corazón que cabeza, e un remate de Chinda foi a ocasión mais clara, pois os de Baña puxeron o candado á meta de Miniño e defenderon con solvencia ata o final do encontro.