lunes, febrero 07, 2011

S.D. SOFAN 2 - S.C.D. MALPICA 0





Uns 150 espectadores viron un novo triunfo da Sd ante un cadro malpicán que viña sendo a bestia negra do Sofán nos últimos anos, pero que onte se mostrou como un conxunto reservón e sen demasiada presencia ofensiva. O tempraneiro gol de Bertín e a lesión de Cheo foron factores determinantes.


S.D. SOFAN - Álex; Roberto Souto, Juan Rabuñal, Juanjo, Alberto Pensado, Alemán, Adrián (Miniño, m. 79), Pizo, Jacobo (Luisito, m. 61), Mario Casal, Bertín, (David Pensado, m. 72)

SCD MALPICA - Suso; Charly, Marcos Amado, Marco, Víctor, Andrés, Neucha, Cheo, (Eloy, m. 13), David Blanco, Manu Pardo, (Miguel Dourado, m. 65). Ismael, (Casais, m. 56).

ARBITRO: Jose Manuel Grañas Martínez. Amonestou a Alex, Juan Rabuñal e Mario Casal por parte local, e a Neucha e Manu Pardo por parte visitante, nun encontro disputado con enorme deportividade.

GOLES:
1-0 9´: Rapida combinacion entre Adrian e Bertin, e o disparo axustado ó pao do pichichi sofanista non é capaz de detelo o gardameta malpicán Suso.

2-0, 89´: Gran combinación entre Luisito e David Pensado, este centra dende a banda dereita e Luisito deixa pasar o balón con moita clase, introducindo Charly o esferico na meta no seu intento de despexe.


Clasico encontro entre dous equipos que se coñecen á perfección, onde as precaucións defensivas e a igualdade foron as notas predominantes. A unha saida dominadora do cadro visitante respondeu a SD co gol de Bertin. A lesión de Cheo, o mellor elemento ofensivo dos de Agilda, trastocou os plans do Malpica, que en todo o primeiro tempo apenas se acercaron polos dominios de Alex. O gardameta arteixan foi quen de desviar con acerto un lanzamento de falta de Neucha na única ocasión visitante no primeiro acto. Reclamouse penalti por mans de Juanjo ó borde do descanso. A SD dedicouse a nadar e gardar a roupa, salindo á contra con perigo. Unha gran xogada de Adrian foi rematada por Jacobo de cabeza pero o balón saiu rozando a escadra.

O segundo tempo foi de control local no centro do campo, ainda que o malpica tentou de estirar liñas, sen lograr o seu habitual futbol combinativo. O balón non chegaba con claridade ós perigosos dianteiros malpicans, e así unicamente a balón parado sembraron algo de inquietude na defensa local, que dominou o xogo aereo, con Alex moi seguro baixo paos. Co paso dos minutos os de Baña cerraron ocos con mais intensidade e buscaron as contras de maneira descarada. Tivo Mario a sentencia na sua cabeza pero rematou ó longueiro cando o mais facil era anotar o gol. A saida de Luisito dou un pouco de inventiva ó ataque local, e cando xa se pedia a hora unha boa xogada de David e Luis puxo a sentencia e fixo xustiza ó visto onte no Carral.