lunes, febrero 14, 2011

SAN LORENZO 0 - S.D. SOFAN 0

Igualada no derbi das Pedreiras. 250 persoas presenciaron un competido partido, condicionado polo encharcado do terreo de xogo, que a pesar do empate a cero tivo bos momentos de futbol, emocion e ocasións de gol. Tras un primeiro tempo igualado a SD mereceu a victoria nun bo segundo tempo pero a falta de acerto de cara a gol condenou os de Baña.

SAN LORENZO: Recarey, Ivan Rey, Adrian -Fabia 70´-, Puñal, Casillero, Cachizo, Dubra, Alexandre, Cancela -Eloy 60´-, Quillo - Fuentefria 80´-, Javi Pensado - Anxo 84´-.

S.D. SOFAN - Alex, Roberto Souto, Pensado, Juanjo, Juan Rabuñal, Mario, Pizo, Adrian - Jacobo 70´-, Miniño - David Pensado 61-, Bertin e Luisito.

ARBITRO: Rama Cotelo, que amonestou a Puñal, Cachizo e Adrian por parte local e a roberto, Juan, Mario e Miniño por parte visitante.

Tras un inicio igualado comenzaron a chegar as ocasións. Bertin tivo un remate de cabeza moi claro que saiu fora, e un defensa do San Lorenzo sacou baixo paos un remate de Pensado. A mais clara ocasión verdillesa foi nun corner no que Cancela casi a bocajarro enviou o balón desviado. O xogo era agil e a velocidade de Adrian e Luisito facia dano na zaga verdillesa. As arrancadas de Alexandre eran o elemento mais perigoso dos locais. O bo partido dos centrais Puñal e Dubra foi o sosten no que se apoiou o equipo de Oscar Suarez. Tras un primeiro tempo igualado chegouse ó descanso.

No segundo tempo a Sd tomou as riendas e os locais dedicaronse a contragolpear. As suas ocasións mais claras viñeron a balon parado. Unha falta de Alexandre foise alta e outra de Javi Pensado detivoa Alex con seguridade. O resto foron ataques dos sofanistas, que estiveron realmente romos en ataque a pesar de xogar un bo partido en todas as suas liñas. Pizo e Mario dominaron o centro do campo, e a saida de David Pensado dou mordente en ataque. Bertin, habitualmente casado co gol, marrou un par de claras ocasións. David Pensado rematou na area pequena pero Recarey detivo ben colocado. As mais claras foron para Luisito que mandou unha falta á cruceta, e no ultimo suspiro marrou un man a man con Recarey. cando xa se cantaba o gol o balón saiu a rentes do pao. Empate final nun derbi moi limpo e emocionante, a pesar da auga que anegou o coliseo verdilles.