Caeu o lider no Carral. E fixoo con todo merecemento. Autentico partidazo o visto onte no tapete sofanista, un choque de trens en toda regla. O equipo local estivo a unha gran altura, fixo desfrutar ó casi 200 afeccionados que se achegaron ó recinto do Carral e tumbou a un gran equipo.
A tarde prometia e xa dende o inicio se apreciaba que ía a ser un gran partido. A loita no centro do campo era feroz, ninguén daba un paso atras, e as defensas emplearonse con contundencia nos primeiros intres. Saiu o Ponteceso mandón, merced á sua superioridade no centro do campo. Pablo Vazquez xogaba con comodidade e as arrancadas de Toniño sembraban o panico na defensa local. Un par de perigosos balóns a Alfrediño tivo que atallalos Alex en arriscadas saidas. Cando o dominio visitante era patente, unha inocente falta a Luisito dentro da area transformouna Bertin no primeiro gol da tarde. A SD fiou todo ó seu contragolpe, cerrando liñas e contendo o acoso visitante como podía. A balón parado o perigo dos de Berto era notorio, pero a defensa, con Pensado e Juanjo inconmensurables, e Alex moi seguro, mantiña a porta a cero. A ocasión mais clara tivoa David Abelenda, pero o seu remate na area pequena bateu no porteiro sofanista e saiu a corner. O empate viase vir e chegou, pero a sorte fixo que inmediatamente a Sd se puxera outra vez por diante. Esta foi unha das claves do partido.
O gol de Bertin a pouco do inicio e a expulsion de Pablo Vazquez decantou definitivamente o partido. Os xogadores da Sd estaban pletoricos. Adrian subiu a banda de maneira incansable, Bertin foi un pesadelo para a defensa do Ponteceso, Pizo cortou todo no centro do campo e Luisito mostrou a súa habitual calidade. O equipo mostrouse moi compacto e realmente o segundo tempo foi un monologo de xogo ó contragolpe e claras ocasións da Sd que non completou un marcador mais amplio quizais por conformismo dos seus dianteiros. O Ponteceso tentouno con orgullo pero ainda cando as forzas se igualaron coa expulsion de Diego non foron quen de chegar con perigo á meta de Alex, que viviu moi tranquilo este segundo acto.
S.D. SOFAN: Alex,Roberto Souto - Jacobo 46´-, Diego, Juanjo Arijón, Alberto Pensado, Mario Casal, Pizo, Adrian, David Pensado -Manolo Varela 80´-, Bertin -Gende 88´- e Luisito.
PONTECESO S.D.: Norberto, David Velo, Dani Pallas, David Abelenda, Fabian, Pablo Vazquez, Bolon -Tucho 55´-, Toniño -Adrian Porteiro 69´-, Nando -Puente 55´-, Alfrediño -Pitu 55´- e Charro.
GOLES:
1-0 22´Penalti sobre Luisito que transforma Bertin
1-1 35´Charro en posible fora de xogo anota a porta vacia un pase de Toniño.
2-1 38´Pase en profundidade de Pizo a Adrian que bate por baixo a Norberto na sua saida.
3-1 52´Bertin vaise en gran xogada individual de David e bate a Norberto con unha sutil vaselida. Un golazo.