lunes, marzo 07, 2011

S.D. SOFAN 1 - CAMARIÑAS C.F. 1

Partido intenso, emocionante, duro por momentos, con dous equipos que parecia que se xogaban a vida e que se vaciaron no terreo de xogo do Carral.. Fútbol costeiro de verdade, racial, que rematou en igualada. A SD xogou media hora cun home mais pero non aproveitou as suas ocasións. O Camariñas tirou de casta e arrancou un empate que lle sabe a victoria.

S.D. SOFAN: Alex, Diego, Juan Rabuñal - Roberto Souto 57´-, Alberto Pensado, Juanjo, Aleman - Jacobo 75´-, Mario Casal, Miniño, Adrian - David Pensado 75´-, Bertin e Luisito.

CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Josiño, Maikel, Breo, De la Sierra, Moriño, David -Alberto Ogando 71´-, Javi -Nico 60´-, Brais - Antelo 80´- e Juan.

ARBITRO: Souto Budiño, que amonestou a Miniño, Juan Rabuñal, Juanjo, Mario, Diego e Bertin por parte local, e a Pombo, David e Juan por parte visitante. Expulsou a Maikel no min. 58´por doble amonestacion.

GOLES:
0-1 7´Prolongación de cabeza de Javi, De la Sierra aproveitase do resbalón dun defensa e bate a Alex dende o punto de penalti.

1-1 32´Gran combinacion de Luisito e Bertin, deixan o balón a Aleman, que entrando dende a segunda liña bate a Pombo de gran disparo.


Intensidade dende o primeiro minuto no Carral. Pronto se viu que a cousa non era de broma. Un par de entradas bruscas quentaron o ambiente no primeiro cuarto de hora. O gol do Camariñas foi un xerro de auga fria para a SD, que estaba mais pendente de guerras no centro do campo que de buscar o fútbol combinativo e veloz que os caracteriza. O Camariñas, co sua seguridade habitual atras, solventaba ben os arreons dos de Baña. Pouco a pouco a base de garra foron cercando a meta de Pombo. Mario ganaba todos os balóns de cabeza, e Aleman, inconmensurable todo o partido, faciase co medio do campo. O seu golazo foi o premio a unha gran actuación. Con Miniño de pivote defensivo o equipo gañou en consistencia. Bertin probou a Pombo con un gran disparo, e Luisito lanzou unha falta fora por pouco. O Camariñas abusaba do balón parado, pero Alex dou un recital de seguridade e dominou a area con solvencia.

O segundo tempo foi mais calmado, e a raiz da expulsión de Maikel, un verdadeiro monologo da SD, que levou o peso do encontro ata o final. O desganste fisico foise notando nos dous equipos, sobre todo no Camariñas. Os homes de Manolín pelexaron como jabatos para levarse un puntiño do Carral. Moriño situouse de central tras a expulsión. A SD tivo as suas ocasións, a mais clara unha de Adrian, que despois de que Bertin regatease a Pombo, rematou a porta valeira pero un defensa sacou baixo paos. O propio Adrian tivo outra boa ocasión pero non foi quen de salvar a Pombo na sua saida. Os disparos dende fora da area sucederonse, pero unhas veces a defensa e outras o gardameta rexeitaron intentonas de Aleman, Mario ou Jacobo. Unha preciosa volea de Aleman saiu fora por pouco. O Camariñas deixou a Juan nunha illa en ataque esperando unha oportunidade que non chegou. Igualada final que contenta mais os visitantes que os locales.