lunes, octubre 25, 2010

S.D. SOFAN 2 - CASTRIZ C.F. 3

Volveu o Sofán irregular ó campo do Carral. O Castriz é unha bestia que ata agora estaba dormida, pero resucitou ante a SD, nun partido moi físico ó que non se soubo adaptar o conxunto de Baña. Mais de 200 afeccionados presenciaron o encontro, en día nublado e co terreo de xogo en perfecto estado.


SD SOFAN - Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Pizo 53´), Juanjo, Juan Rabuñal, Diego, Aleman, Pensado, Adrian, Jacobo (Marcos Gende 82´), Luisiño e Bertin

CASTRIZ - Angel, Noli, Alex, Toniño, Torreira (Sergio Pose 58´), Alberto, Cilindro (Dani 46´), Sebas (Ruben 79´), Chinda (Bruno 77´), Mauri e Oscarín (Suso 88´)


ARBITRO: Vizoso Embudo, amonestou a Juan Rabuñal por parte local, e a Alberto, Oscarín, Sebas, Toniño e Sergio Pose por parte visitante.

GOLES:
0-1 12´Toniño remata so un corner ó segundo pao.
1-1 38´Falta colgada á area, producese un barullo e Bertin empurra o balón na mesma liña de gol tras varios rexeites.
1-2 69´Xogada de estratexia, Toniño toca o balón de cabeza e Noli libre de marca anota o segundo do Castriz.
1-3 82´Mauri culmina unha contra perfecta do conxunto visitante.
2-3 90´Bertin vaise por velocidade e cruza ante a saida de Angel.

Comezou o Castriz con intensidade, apretando a saida de balón da Sd, e disparando a porta á menor ocasión. O gol de Toniño nun despiste de marca da defensa da Sd era consecuencia lóxica do que ocorría no campo. Pero a partir de ahi o Sofán tomou o mando das operacións, e fixo unha gran media hora de futbol, a mellor no que vai de tempada. Combinouse con acerto, Luis e Bertin asociaronse en punta, e chegaron as ocasións. Aleman e Roberto mandaron alto sendos remates de cabeza, Angel luciuse sacando unha preciosa chilena de Jacobo, e Bertin rematou alto tras un gran centro de Diego. A SD merecia o empate e este chegou. O descanso foi salvador para os de Huelvis.

O mister visitante recompuxo liñas no descanso, e levou o encontro a un terreo que dominan ben os de Castriz, o da loita e a pelexa, e impuxeronse claramente a un Sofán que pareceu dormirse nos laureles do toque e a filigrana, e non soubo entender que para ganar ós rossoneri hai que pelexar como eles e meter a perna. Asi as ocasións do Castriz comezaron a chegar. Reclamouse penalti por mas de Roberto na area do Sofán e pouco despois chegou o gol de Noli. A Sd non reaccionou, xogando moi embarullada, sen crear ocasións. O terceiro gol foi o cravo na tumba do Sofán, que atacou á desesperada pero atopouse con un Angel salvador en un par de accións. O gol de Bertin so serviu para maquillar o resultado.