lunes, noviembre 01, 2010

CAMARIÑAS C.F. 2 - S.D. SOFAN 3

Resarciuse a SD da derrota da fin de semana pasada e sacou tres valiosos puntos no Hnas. Patiño de Camariñas. Unha vez mais foron conqueridos a costa da saude dos bravos xogadores sofanistas: o lateral Roberto Souto marchou para o San Rafael con rotura de tabique nasal. No hospital coruñés xa reservan unha habitación cada fin de semana para os nosos xogadores. Toquemos madeira.

CAMARIÑAS: Pombo, Pesqui, Breo, Maikel, Josiño, De la Sierra (Antelo 85´), Moriño, Javi (David 71´), Juan Bello, Brais e Adrian Negro (Nico 80´).

S.D. SOFAN: Carlos Tojeiro, Roberto Souto (Jacobo 46´), Diego, Miniño, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario Casal, Pizo, Luisito (Gende 88´), Bertin (Manolo Varela 89´)

ARBITRO: España Andrade.

GOLES: 0-1 2´Contra levada con maestria por Roberto Souto, e o seu centro é desviado ó fondo das mallas por Breo.
1-1 12´Saida en falso de Carlos que aproveita Adrian para marcar a porta valeira.
2-1 25´Juan Bello transforma unha falta directa por toda a escadra.
2-2 76´Luisito de falta directa
2-3 87´Jacobo tras un barullo na area.

O día non era moi propicio para ver fútbol de calidade, pois o vento dificultaba moito as accións dos xogadores. Ainda así o encontro foi de moi bo nivel, con dous conxuntos que demostraron o porque da súa clasificación. Na primeira xogada de ataque unha cabalgada de Roberto acabou no primeiro gol da tarde. Non se descompuxo o conxunto de Manolín, que a base dunha presión abafante levou o control do xogo. A defensa camariñana estaba situada no centro do campo e roubaban balóns con prontitude. Moriño e Juan Bello eran os directores de orquesta dun conxunto palilleiro que combinou con moito acerto neste primeiro acto. Pronto remontou o marcador, e tivo ocasións para que fose mais amplio. A Sd estaba demasiado encerrada na súa parcela. Así Javi en un par de disparos, Adrian cun remate de cabeza que saiu lamendo o pao, e Juan cun remate ó que respondeu Carlos cunha gran parada, puideron ampiar a conta. So Pizo cunha vaselina que se foi fora, foi quen de responder na meta de Pombo. A lesión de Roberto dou paso ó descanso.

Saiu a SD con mentalidade mais ofensiva no segundo acto, e levou o peso do xogo durante este periodo. As ocasións non foron claras pero o balón rondou a meta de Pombo todo o rato. Jacobo tivo un par de disparos dende o borde da area. Mario apareceu mais neste intervalo de partido, e as súas incorporacións de segunda liña foron cortadas con falta na súa maioría. O partido endureceuse, sobre todo a raiz do golazo de Luisito, que puxo o balon onde durmen as arañas. Adrian Negro retirouse lesionado cun golpe no tobillo. O Camariñas tentou estirarse co empate pero foi a Sd quen se levou o gato á auga nos ultimos intres, con un Jacobo moi oportunista.