lunes, octubre 04, 2010

SCD MALPICA 1 - S.D. SOFAN 1

Tarde de vento e choiva na Pedra Queimada, que desluciu o encontro entre o conxunto local e a SD. Chegouse a temer pola disputa do encontro tras unha forte treboada pouco antes do inicio.

SCD MALPICA: Suso, Charly, Marcos Amado, Víctor, Iago, Ismael, Casais (Neucha 46´), Cheo, David Blanco, Andrés (Miguel Dourado 62´), Eloy (Manu Pardo 46´),

SD SOFAN: Costa, Roberto Souto, Diego, Alberto Pensado, Juanjo, Alemán, Jacobo, Mario Casal, Luís, David Pensado, Bertín (Adrián García 69´).

ARBITRO: Juan Alberto Blanco Bravo.

GOLES 0-1 min. 24: Diego recibe tras un rexeite da defensa malpicana, mete un pase longo á espalda da defensa que recibe Jacobo en posición dudosa, e bate a Suso de gran disparo cruzado. 1-1 min. 59: Barullo na frontal da area, tras varios rexeites o balón chega a Ismael libre de marca, e este engancha un disparo axustado ante o que nada fai Costa.

Pouco fútbol se viu onte en Malpica, entre dous equipos que se respetan e coñecen moito, e que xogaron mais a non perder que a gañar o encontro. A auga que había no campo non permitía combinacións fluidas e optouse por un continuo xogo longo que favoreceu mais a pelexa que o espectáculo. Saiu a SD con intensidade, e foi David Pensado, unha vez mais a bo nivel, quen probou a Suso cun disparo lonxano. O Malpica buscaba á súa referencia, David Blanco, para xerar perigo, é foille anulado un gol a este xogador por fora de xogo. Alberto Cheo dou mostras da súa calidade e o duelo con Diego foi do mais vistoso do encontro. O gol de Jacobo dou confianza á Sd, que defendeu con solvencia a súa parcela, solo inquedada por un gran lanzamento de David Blanco e outro de falta de Cheo.

A saida de Manu e Neucha doulle mais control de balón e perigo ós malpicáns, que pronto igualaron a contienda. Costa salvou unha internada de David Blanco na mais clara ocasión dos locais, e David Pensado tiña a oportunidade para a SD nun saque longo de Costa que se come a defensa malpicana, pero non foi capaz de definir diante de Suso. Luisito disparou fora dende o borde da area tras unha boa combinación da dianteira visitante. Neucha reclamou penalti de Pensado á pouco do final, e o colexiado anulou un gol ó Malpica tras un saque de corner por falta de Cheo a Costa. Estas dúas accións puxeron a polémica final e o remate a un encontro no que ningún dos equipos mereceu levar a victoria.