lunes, septiembre 27, 2010

S.D. SOFAN 2 - ESTEIRANA 4

Mazazo no Carral para o equipo local. Unha gran Esteirana superou á Sd en xogo, actitude e agresividade e levou merecidamente os tres puntos. 200 afeccionados presenciaron a impotencia dun conxunto local que a pesar de irse con ventaxa ó descanso veuse abaixo nun segundo tempo para olvidar.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Oscar Pardo (Pizo 46´), Aleman (Berti 60´), Diego, Jacobo (Adrian 70´), Bertin, Mario e David Pensado.

ESTEIRANA C.F. - Ramon, Suizo, Mingos, Adelino, Dani Rama, Uru, Alex (Varela 80´), Iago (Godo 64´), Roberto Pladur (Adrian 80´), Andel e Guerra (Cajulo 71´)

ARBITRO - Lopez Golpe.

GOLES:
1-0 17´Balón colgado á area que peina Mario Casal a gol
1-1 32´Andel de tremendo disparo dende fora da area
2-1 44´Xogada de Mario por banda, cede a David Pensado que anota a porta valeira.
2-2 48´Roberto Pladur libre de marca no segundo pao.
3-2 68´Centro que Roberto Pladur que da nun defensa e se cola mansamente na meta de Costa.
4-2 81´Roberto Pladur tras un corner libre de marca no segundo pao.


Comenzou a SD levando o ritmo do partido ó seu terreno. Mario moveuse ben en punta e na primeira que tivo anotou o seu tanto. Pouco despois anúlaselle un gol a David Pensado por fora de xogo. Co 1-0 a Esteirana asentouse mellor no terreno, Uru e Andel fixéronse co centro do campo, e Guerra e Roberto combinaban con perigo en ataque. O gol do empate facia xustiza. A SD estirouse antes do descanso e David Pensado, un dos mellores do encontro, atopou o camiño do gol.

O gol nada mais sair dos vestiarios foi un xerro de auga fría para os intereses da SD. O equipo veuse abaixo, e o bo fútbol que xogara a Esteirana no primeiro tempo viuse recompensado no segundo. Xogando ó contragolpe martilleou unha e outra vez a meta de Costa, ante a desesperacion da parroquia local. A SD puxo corazón , pero en ningún momento se xogou con cabeza suficiente para xenerar perigo na meta de Ramón. O 4º gol foi co clavo na tumba dun Sofán que ten moito que mellorar se quere dicir algo nesta liga.