Luis Fernandez, Luisito (na foto), ten 23 anos. Nacido no lugar da Ganduma en Verdillo, pronto destacou nas categorías inferiores do Bergantiños, chegando a debutar en 3ª división co primeiro equipo. Despois da sua irregular etapa rojilla, o extremo tamen formou co Laracha en Preferente. Este ano realizou a pretempada no At. Arteixo dirixido por Antonio Fernandez. É Luis un xogador habil, que destaca pola súa velocidade e bo manexo de balón. Zurdo cerrado, pode xogar en banda ou na mediapunta, postos nos que se aproveitan ó máximo as súas cualidades. Xa ven de debutar en Corcubion no empate contra o Fisterra.
David Pensado, dianteiro de 24 anos, xoga a súa primeira tempada en Sofan. Despois do seu paso polas categorias inferiores do Bergantiños, e os equipos modestos do Buño, Cerqueda e Ponteceso, recala no Carral para mostrar as súas virtudes, que non son outras que velocidade e potencia a nivel físico, e un disparo con ambas pernas que o fai un dianteiro moi perigoso. Os Bertin, Jacobo e Berti xa teñen competencia e ó mesmo tempo dous novos compañeiros que veñen a sumar para que a SD esté o mais alto posible este ano.