
Ambos equipos son dos mais goleadores da competición, con 54 tantos en 23 partidos, o que da unha media de 2,35 tantos por partido, unha cifra mais que respectable. So o Xallas os supera. Os xogadores mais destacados polos locais neste eido son Bertín e Berti, con 12 tantos cada un, e Eloy con 6. Por parte visitante, Braulio leva 13, Navarro 10 e Rubio 7. O meta Norberto é o menos goleado da categoría. O Zas so encaixou 15 tantos no que vai de competición, mentres que a porteria sofanista se viu perforada en 27 ocasións.
O equipo de Felipe Solís é un bloque sólido, basado nunha liña defensiva practicamente imbatible, ainda que a posible baixa do capitán David lles poida restar potencial e xerarquia. O veterano Julian exercerá de lider, acompañado posiblemente dos Pereiro, Mario, e Roli. O bastón de mando no centro do campo é para o ductil Jorge Espasandín, mediocentro de calidade que esta vez poida notar a baixa de Kiko, outra das dubidas do mister visitante, xogador vital no conxunto polo seu despliegue fisico e sapiencia tactica. A sua baixa pode ser cuberta polo xoven Juan Ramon. A liña de ataque é de luxo, coa posible presencia do Rubio, acompañando a Navarro e Braulio,
A convocatoria local , con todos os homes á disposicion de Baña é a seguinte:
Porteiros: Jose R. e Costa
Defensas: Roberto Souto, Juanjo, Gende, Diego, Manolo Varela e Miniño.
Centrocampistas: Pensado, Mario, Aleman e Adrian.
Atacantes: Bertin, Eloy, Jacobo e Suso Docampo.
Caense da cita Pizo, Gustavo, Berti, Oscar Pardo e Carlos Tojeiro.