domingo, febrero 07, 2010

S.D. SOFAN 1 - S.D. FISTERRA 1

Tarde gris a de hoxe para a SD, que era incapaz de imporse a un Fisterra precedido por unha aureola de ser un equipo que trata o balón con categoría, e por momentos deixou a impresión de gran conxunto no Carral. Tras un primeiro tempo xogado de poder a poder o gol anotado por Mario adormeciu ó cadro local que viu como nun erro defensivo Roa igualaba a contenda. Uns 130 espectadores no recinto viron as seguintes alineacións:

S.D. SOFAN - Costa, Diego, Miniño, Juanjo, Pensado, Aleman, Mario Casal, Eloy (Jacobo 64´), Berti (Roberto Souto 70´), Suso Docampo (Oscar Pardo 85´) e Bertin (Adrian 61´).

S.D. FISTERRA - Joselu, Manin, Piti, Bebeto (Xusto 66´), Borja Santos, Munitis, Roa, Julito, Nacho, Tata (Dudo 70´)e Cartamil.

ARBITRO: Ferreño Presedo, que amonestou a Diego e Mario por parte local, e a Borja Santos e Nacho polo Fisterra.

GOLES:
1-0 55´Disparo de Mario dende a frontal da area que lle bota a Joselu diante e se lle cola a rentes do pao dereito

1-1 80´Roubo de balón no borde da area local, o balón chega a Roa que cruza ante Costa.


Prometia bo futbol o encontro pero so se cumpriu nos primeiros 45 minutos. Dous equipos que trataron con criterio a pelota e buscaron o ataque sen complexos. A SD comenzou mandando, e pronto Mario tivo duas clarisimas ocasións, sobre todo a segunda na que tras un disparo de Suso o rexeite de Joselu enviouno Casal alto a escasos metros da porta. O Fisterra buscaba con insistencia a Nacho, un puñal por banda e a Manuel Cartamil, que se fajou como nel é habitual. Extranou a posicion de Borja Santos como central pero este realizou un gran encontro. Tivo Tata a mais clara dos fisterrans neste tramo , pero tras unha xogada de tiraliñas da dianteira o 10 visitante non foi capaz de definir o man a man con Costa, moi ben toda a tarde. Bertin respondeu pouco despois cun tremendo lanzamento de falta que foi repelido polo pao longueiro.

Tras o descanso pronto chegou o primeiro gol dos locales , que incomprensiblemente tras o tanto cederon todo o dominio do balón replegandose en exceso sobre a sua area e sendo incapaces de sacar unha boa contra, unha das virtudes dos sofanistas. Costa primeiro e Mario baixo paos salvaron a mais clara aproximación visitante neste periodo, tras unha preciosa xogada de estratexia. O partido foi mais trabado que no primeiro acto, e cando os locais buscaban poñerlle cancela ó encontro chegou o gol de Roa, que daba un bo disgusto á parroquia sofanista. O arreon final da SD foi infructuoso, ainda que primeiro Pensado cun tiro lonxano e logo Roberto nun remate de cabeza que saiu fora, deron esperanzas de conquerir unha victoria que non chegou.