lunes, febrero 01, 2010

S.C.D. MALPICA 1 - S.D. SOFAN 1

Disputado derbi o de onte na Pedra Queimada, con xogadas polemicas e bo fútbol por momentos que rematou nunha igualada que non deixa contento a ningúen. Uns 150 afeccionados presenciaron un encontro non que se marraron duas penas máximas. A SD acabou con 10 homes sobre o terreo de xogo pola expulsión do seu gardameta Jose R.

SCD MALPICA - Toni, Victor, Amado, Alfredo, Iago, Eloy, Neucha, Casais (Carlitos 75´), David Blanco, Rancaño, Charly (Cheo 46´)

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar, Miniño, Pensado, Juanjo, Aleman, Jacobo (Berti 72´), Adrian, Suso Docampo (Costa 89´), Eloy (Diego 85´) e Bertin.

ARBITRO: Carreira Parrado, que amonestou a Iago, Eloy, Neucha, David Blanco e Cheo por parte local, e a Miniño e Adrian por parte visitante. Expulsou a Jose R. no 89´ por protestar.

GOLES:
1-0 30´Neucha de falta directa
1-1 42´Pensado remata unha falta botada por Miniño.

A SD saiu mandona, a impoñer o seu ritmo de xogo. A presencia de Pensado no eixo da zaga e Jacobo no centro do campo fixo que o balón tivera dono. O Malpica esperaba agazapado a súa oportunidade á contra. A posesión de balón dos visitantes non se traduciu nestes primeiros intres en ocasións de gol, pois a defensa do Malpica mostrouse moi firme e ben situada. Tras un bo disparo de Jacobo chegou a primeira clave do partido. Unhas mans de Pensado son sinaladas como penalti, pero Jose deten o centrado lanzamento de David Blanco. Acto seguido chegou o gol de Neucha que xa o intentara minutos antes. A Sd xogou un bo final de primeiro tempo, e primeiro Eloy nunha falta, e logo Suso nun disparo que atallou moi ben Toni, sembraron o panico na bancada. O gol do empate facia xustiza no marcador ó descanso.

A segunda parte seguiu coa mesma tonica. A saida de Cheo doulle mais mordente ó ataque local, e foi este xogador quen tivo a primeira ocasión. Pouco despois foi Neucha o que tras unha boa combinación do ataque malpican rematou fora. Berti respondeu cun tiro que saiu alto por pouco ante a saida de Toni. O mando nesta recta final foi da Sd, que tivo a ocasión de vencer nun penalti a Suso, que Toni detivo a Bertín en magnifica intervención. Pouco despois reclamase un penalti por claras mans dun xogador malpican dentro da area pero o colexiado fixose o sueco. Suso tivo a ultima ocasión visitante, pero un destacado Toni solventouna. Nun arreon final estivo a piques de levar o partido o Malpica, sobre todo tras a expulsión de Jose. Cheo lanzou a ultima falta fora.