lunes, febrero 22, 2010

S.D. SOFAN 1 - SP.ZAS 2

Vibrante encontro no Carral entre o lider Sp. Zas e o 3º clasificado, a SD Sofan. O encontro foi moi equilibrado e puido caer para calquera dos dous equipos, pero a pegada dos zasenses foi determinante. Un gol de Braulio a falla de 4 minutos para o remate foi decisivo. Uns 200 espectadores presenciaron o encontro, nunha tarde marcada polo frio, auga e un vento que imposibilitou por momentos que o espectaculo fora maior.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario Casal, Diego (Jacobo 76´), Adrian, Eloy (Suso Docampo 72´)e Bertin.

SP. ZAS - Norberto, Adrian, Pereiro, Julian, Jorge Espasandín, Mario, Juan Ramon (Ronni 86´), Rubio, Pichin, Braulio e Navarro (Ibiza 78´).

ARBITRO: Mella Fernandez, que amonestou a Mario, Adrian e Suso Docampo por parte local, e a Julian e ronni por parte visitante. Expulsou a Aleman no min 80´ por doble amonestación e a Jorge Espasandín no min 85´ con carton vermello directo.

GOLES:
0-1 18´ Braulio lanza unha portentisima falta que se lle cola a Costa pegada ó longueiro
1-1 39´ Mario Casal engancha un gran disparo dende o borde da area que pega no pao e entra
1-2 87´ Braulio remata un pase da morte de Pichin.

Saiu mandón o lider xogando co vento a favor no primeiro tempo, e acorralou a unha Sd temerosa do potencial do equipo de Felipe. Julian tentou o disparo directo nunha falta, e na segunda que tiveron Braulio puxo en ventaxa ós seus. A SD non tiña o control do balón en ningún momento, pero a raiz do gol a presion do Zas relaxouse e os de Baña comenzaron a carburar. A ocasión mais clara do partido tivoa Diego, tras un erro de entendemento entre Adrian e Norberto rematou a porta valeira dando o balón no pao. O rexeite desta xogada recibeo o propio Diego que cae derribado dentro da area de maneira clara, obviando o arbitro o clamoroso penalti. Un disparo de Eloy ben detido por Norberto precediu o gol do empate. Xogou ben a SD neste tramo de encontro, entrando por bandas, tocando o balon con criterio, pero coa igualada chegouse ó descanso.

Os 10 primeiros minutos do segundo tempo foron para o equipo local, que encerrou os de Zas na sua area, levando o peso do partido. Pero unha clarisima ocasión de Rubio, que enviou alto un remate cando se encontraba só ante Costa, foi o preludio do dominio do Zas no segundo tempo, que tivo mais sensación de perigo ante un equipo local que se defendeu ben pero foi incapaz de sair con perigo ó ataque. O partido era disputadisimo, con dous equipos ó maximo nivel, e viase que o que aproveitase a ocasión se levaría os tres puntos. A rigurosa expulsión de Aleman precediu a non menos rigurosa de Jorge. A falta conseguinte lanzouna Jacobo á barrera, e na seguinte falta que tivo o Zas veu o gol decisivo. Ibiza lanzou o golpe franco, entre Costa e o pao saiu o balón rexeitado, Pichin andivo mais listo que a defensa local e cedeu a Braulio que non perdonou. Na seguinte xogada unha internada de Adrian foi rematada por Suso e respostou Norberto en gran parada, non podendo machacar Mario o rexeite do gardameta. Ainda tivo Pensado a ocasión final nunha falta ó segundo pao á que non chegou por pouco.

Decepción na parroquia local que ve como o seu equipo, a pesar de conservar a 3º posición, se alonxa case definitivamente dos postos de privilexio, quedando a liga nun man a man entre o Xallas e o Sp. Zas.