lunes, febrero 15, 2010

SAN LORENZO 1 - S.D. SOFAN 2

Gran victoria no derbi carballés a conquerida onte pola SD. Diante duns 250 espectadores os dous conxuntos brindaron un emocionante encontro que se decantou pronto do lado visitante. O frio reinante non foi obstáculo para que as paixons futbolisticas afloraran no terreo de xogo e na grada.

S.D. SAN LORENZO - Diego Dourado, Quillo, Fabian, Rudi, Puñal, Dubra, Styven, Cachizo, Javi Pensado (Jorge Pichel 58´), Djalma (Carliños 40´) e Pablo.

S.D. SOFAN - Costa, Roberto Souto, Miniño, Pensado, Juanjo, Aleman, Mario, Eloy (Manolo Varela 87´), Bertin (Gende 89´), Adrian (Suso Docampo 77´) e Berti (Jacobo 64´).

ARBITRO: Trigo Martinez, que amonestou a Cachizo por parte local e a Aleman e Pensado por parte visitante.

GOLES:
0-1 14´Pensado define baixo paos tras un barullo na area pequena á saida dun corner.
0-2 24´Roberto Souto saca un centro dende banda dereita que se envenena e sorprende a Diego
1-2 37´Puñal á saida dun corner.

Saiu a SD decidida a impoñer o seu futbol dende o principio e conseguiuno na primeira media hora, na que foi total dominador do encontro, xogando un bo fútbol, chegando con perigo á area verdillesa e poñendose con dous tantos en ventaxa. A liña defensiva controlou ben as acometidas de Pablo, o home mais incisivo dos locais e Aleman e Mario repartian xogo para os catro homes de punta. Berti moveuse ben de espaldas ó marco permitindo as chegadas de Eloy, Bertin e Adrian dende segunda liña. Despertou o San Lorenzo con un tremendo trallazo de Styven dende 35 metros que dou na cruceta, e o gol de Puñal espoleou os animos da afición das Pedreiras. O arreon final dos locais foi ben contido pola retaguardia sofanista. Ainda tivo Bertin unha boa ocasión pero o seu disparo dende o borde da area saiu fora.

O segundo tempo non foi dun futbol tan fluido por parte visitante. Os locais acosaron o marco de Costa sen chegar a ter ocasións excesivamente claras agas un bo remate de Carliños e un disparo de Styven ó que respondeu ben o meta da SD. Os de Baña puideron certificar antes a victoria e non sufrir nos intres finais, pois primeiro Berti, despois Adrian con un disparo que bateu no longueiro e na liña de gol, e posteriormente Bertin nun disparo que saiu fora. Tivo Suso a sua a pouco de sair ó campo pero o marcador non se moveu. O acoso final do San Lorenzo non se traduciu en claro perigo para Costa, e a SD levouse o derbi, o que permite que o equipo se afiance na terceira plaza da taboa.