lunes, enero 11, 2010

S.D. SOFAN 7 - U.D. MONTELOURO 0

Tarde de frio intenso no Carral, que lonxe de conxelar as ideas dos sofanistas, incrementou as ansias de bo fútbol e de dar unha homenaxe ós valientes que se acercaron ó coliseo rojillo. A SD demostrou que está nun momento doce de xogo, e que a amplitude do plantel fai que xogue quen xogue non se baixe o nivel. Foi a tarde de todo o equipo pero en especial dun home, Berti, que fixo historia cos seus cinco tantos e afirmou a boa xeira que ben sufrindo nos ultimos partidos. Moi positiva tamen foi a reaparición de Pensado e Suso Docampo, o primeiro tras longo tempo inactivo e o segundo que facia o seu debut na liga.

S.D. SOFAN - Jose R., Oscar Pardo, Miniño, Juanjo, Roberto Souto (Suso Docampo 67´), Aleman, Mario (Pensado 52´), Adrian, Eloy, Berti e Diego (Jacobo 52´).

MONTELOURO - Romani, Juan (Dani 27´), Pedro Garcia, Cesar, Canote, Pulpo, Riki, Pedro Nieto, Chema, Edu e Raul (Ismael 59´).

ARBITRO: Brandon Castro que amonestou a Roberto Souto por parte local e a Juan por parte visitante.
GOLES:
1-0 23´ Pase en profundidade de Souto a Berti que define con un trallazo á escuadra
2-0 31´ Berti resolve con tranquilidade un man a man
3-0 55´ Berti ante a saida de Romani
4-0 63´ Eloy de vaselina tras unha indecisión do porteiro visitante.
5-0 70´ Internada de Jacobo por banda que cede o gol a Berti a porta valeira
6-0 77´ Eloy de forte disparo dende o borde da area
7-0 80´Berti coa colaboración dun defensa.
A SD saiu mandona no partido, consciente de que o mellor era sentenciar pola via rápida ante a posibilidade de que o terreo de xogo se puxera pesado. Crearonse as primeiras ocasións con internadas por banda tanto de Diego como de Adrian. Eloy recibia con comodidade na media punta, e Berti xogaba ben de espaldas. O balon era do cadro local e os goles foron consecuencia loxica do desenrolo do encontro. Co 2-0 Eloy marrou duas claras ocasións que ben puideron aumentar a conta antes do descanso. Jose R. vivia tranquilo, pois a defensa era un muro para os timidos ataques visitantes.

O segundo tempo iniciouse coa unica e mais clara ocasion do Montelouro, nun remate na area pequena que Jose R. respondeu cunha tremenda parada. Acto seguido chegou o terceiro da tarde que sentenciou a contenda. A partir de ahi a Sd douse un festin, coa presencia da neve incluida, e xogou a placer deleitanto á parroquia cunha tarde de bo futbol. Aleman cansouse de roubar balóns, Pensado e Miniño dabanlle criterio á saida do xogo, e os homes de arriba percutian unha e outra vez na maltrecha defensa visitante, que por encima acabaron xogando con 10 homes por lesion dun dos seus xogadores. As ocasións erradas foron innumerables, como unha preciosa xogada por banda que acabou cun medio remate de chilena de Jacobo e posterior tiro a boca de xerro de Pensado. Romani converteuse no mellor home visitante realizando paradas de merito a Eloy e Berti, que ainda cos cinco tantos estrelou un balón no longueiro.