miércoles, enero 20, 2010

A S.D. CON HAITI




No encontro que enfrontará este domingo 24 ás 16:00 horas no campo do Carral a Sofán e Porteño, a solidaridade será a nota principal: a solidaridade con Haiti e as victimas da traxedia na que se viu envolta esta lonxana terra.

Todos nos estremecemos coas noticias diarias que de ali nos chegan, e a directiva da SD tomou a decisión de donar todo o que se recaude no encontro para poñer o noso pequeno gran de area no apoio os mais desfavorecidos.

A este efecto todo o mundo que acuda o partido será informado de que o que aporte de entrada ten destino Haití, e os socios tamén poderán facer aportacións voluntarias para esta nobre causa.